O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, participou hoxe na presentación do libro La playa de los Cristales, de Pedro Ramos, que se ambienta no campamento de Area, en Viveiro. O acto tivo lugar precisamente no albergue da Xunta no que transcorre a acción, e contou coa presencia do autor e de Javier Pintor, encargado de presentar a obra, así como con escolares de distintos centros educativos da Mariña. A obra está destinada ao público xuvenil, e no prólogo ofrece unha lista das cancións coas que se inspirou o autor para escribir este relato.