Foz 21-1-2018.- O grupo municipal socialista presentara ao pleno do mes de xaneiro, unha moción para devolver ao seu estado orixinal os terreos ocupados polos chamados “chalets da Areoura” na parroquia de Cangas.
Ubicados en zona rústica, levan paralizados preto de trinta anos.
En estado de abandono, esqueleto de ladrillo e con algún teito fundido, o impacto visual e paisaxístico que presentan á beira do mar é deplorable.
Polo que dende o PSOE demándase que, tras emitirse informe polo servizo xurídico municipal, sobre a posible existencia dalgún caso xudicial aberto dos mesmos, se proceda a facer as xestións oportunas diante das administracións competentes para restituír ao estado orixinal dito lugar.