22 de Febreiro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Participación de Aleix Díaz Salas no Campionato de España de clubs sub-16 en pista cuberta

11-02-18

DSC_0021Ribadeo 10-2-18. O atleta ribadense Aleix Díaz Salas participou o pasado domingo 4 de febreiro no Campionato de España de clubs sub-16 en pista cuberta, que se celebrou en Zaragoza. A Escuela Atlética Lucense, club ó que pertencen os irmáns Díaz Salas, conseguira clasificarse por puntos entre os 7 mellores clubs de ámbito nacional para poder participar neste campionato. O oitavo posto estaba reservado ós organizadores, o Simply-Scorpio 71 de Zaragoza. Ata a capital aragonesa se desprazaron os lucenses (único representante galego) na xornada do sábado.

Xa na matinal do domingo no Pavillón municipal de deportes, era o turno do atletismo, e a partir das 10 h. daban comezo as probas ante un numeroso público que animaron sen tregua ós seus atletas, pero sempre cun gran respeto hacia os rivales.

Aleix competiu en duas probas, en primeiro lugar nos 300 m.l., onde acadou a 2ª posición da sua serie, cun rexistro de 39.51 seg. Posteriormente e como proba de peche do campionato, participou nos relevos 4 * 2 voltas, onde xuntos cos seus compañeiros Aitor, Adrián e Alvaro lograban o 3º posto da sua serie.

Ó final a Escuela Atlética Lucense acadaría unha moi meritoria 5ª praza compartida co A.D. Maratón de Madrid, a tan só 4 puntos do 4º clasificado, o AA Catalunya.

O campionato foi gañado po-lo Prais de Castellón, medalla de prata Cueva de Nerja, bronce Valencia Esports, 7ª posición para Simply-Scorpio 71 e 8º JA Sabadell.

Unha gran experiencia para Aleix e un gran resultado para o seu equipo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive