Cervo 21-8-18. É unha obviedade decir que o que acontece en Sargadelos transcende da esfera do meramente industrial ou empresarial. Aínda que esa é a liña de defensa do empresario e de algún político, dende CxG entendemos que á opinión pública non lle cola. O actual Sargadelos é o proxecto e a ilusión de dous galeguistas recoñecidos, Seoane e Díaz Pardo, un traballo en prol do País que non pode caer no esquecemento e no circo no que se está a converter. Poren dende Compromiso imos facer o posible para parar esta desfeita. Imos actuar en distintos frontes ó fin de salvagardar un Patrimonio que é de todos os galegos e galegas. Polo que demandamos:
ACTUACIÓN DA INSPECCIÓN DE TRABALLO E DO MINISTERIO:
Diante das graves declaracións públicas do “Consejero Delegado”, coa ameaza de despidos e vulnerando dereitos fundamentales dos traballadores, CxG vai solicitar a tutela da Inspección de Traballo, co galo de garantir a protección dos Dereitos dos traballadores na situación de conflicto social que se vive.
POSIBLE APLICACIÓN DA LEI CONCURSAL:
Entendemos dende CxG que diante dunha non aplicación do convenio colectivo e tendo en conta que se adeudan salarios á masa social e polo tanto á Seguridade Social dende o Ministerio de Traballo se ten que promover unha administración concursal que vixie o cumprimento da lei. So fai falla vontade política no Estado e no PSOE.
ACTUACIÓNS DIANTE DA UE:
O equipo de CxG en Bruxelas, coa Eurodeputada Izaskum Bilabao, presentará na Comisión e outros órganos interpelacións relacionadas coas posibles axudas recibidas por Sargadelos e a súa xestión e exporá os grupos políticos a actuación da dirección.
PLENO EXTRAORDINARIO EN CERVO:
Diante da pasividade das forzas políticas representadas en Cervo: BNG, PSOE e PP. CxG vai rexistrar unha petición para a celebración dun Pleno Extraordinario para que a Corporación tome o acordo de demandar da Dirección o cumprimento da Lei e o respeto os dereitos fundamentales dos traballadores.
Sargadelos é historia de Galicia, é Cultura e forma parte da identidade de Galicia como nación e como pobo. Non se pode aplicar neste senso a lóxica da empresa privada. Sargadelos vai máis aló, e tamén temos que ter en conta o importante esfrozo das Administracións por manter este legado con axudas e promocións a esta empresa.
Segismundo García veu a decir públicamente que se ten que ir o cárcere por un conflicto cos sindicatos,vai encantado. Vergoñentas declaracións no S.XXI, a cárcere vaise se non se cumpre a Lei, compre aclarar esta situación.
Por outra banda denunciamos a actitude cobarde do Alcalde de Cervo, pedindo entendemento e lavandose as máns. Sr. Villares un alcalde o que ten que pedir e que se cumpra a Lei e defender os veciños do seu concello, hoxe en Sargadelos moitos están vendo vulnerados os seus dereitos e principios.
Podía o Sr. Alcalde aforrar a foto para non decir nada.