O concello adopta esta decisión despois de poñerse en contacto coa Xunta para coñecer a previsión existente para o aglomerado deste vial. Segundo a información facilitada, non foi posible realizar os traballos a semana pasada (tal e como se tiña previsto), nin vai ser posible levalos a cabo ao longo deste semana polas inclemencias meteorolóxicas previstas. Por este motivo dende o concello decidiuse abrila ó tráfico para non continuar cos prexuízos que este corte provoca tanto aos comerciantes como os veciños. En canto a Xunta se poña en contacto co concello para comunicar o inicio dos traballos de aglomerado (previsiblemente a finais deste mes), a rúa cortarase de novo aproximadamente durante dous días, que é o tempo estimado para a execución destas obras.