A fraga das Reigadas é un dos espazos naturais máis relevantes da provincia de Lugo. En plena Reserva da Biosfera,”Rio Eo, Oscos e Terras de Burón”, a fraga das Reigadas está considerada como un dos bosques máis fermosos e mellor conservados de toda a provincia. O grupo percorreu 15 km. de fraga, nun día de intensa choiva, que non tivo tregua durante toda a mañá. A última hora da tarde, o grupo deu un paseo pola Pontenova, que ese día celebraba festas patronais.