22 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os atletas do C.D. Egovarros-Viveiro acadan no campionato galego de cross de veteráns, 2 medallas de ouro, 2 pratas e 1 primeiro posto por equipos de máis de 60

11-02-19

Viveiro 11-2-19. Celebrouse na localidade de Fene a trixésimo terceira edición do Campionato Galego de Campo a Través, participando preto de 300 atletas en representación da maioría dos clubs galegos. A proba celebrouse nun excelente circuíto para o campo a través, cun bo tempo e cun fantástico ambiente tanto de participantes como de público, que animaron en todo momento a todos os atletas.
O clube vivariense desplazou a 17 atletas da categoría máster, acadando dúas medallas de ouro por parte do atleta Antonio Cabana en M75, que cos seus 79 anos foi o atleta máis veterán da proba, a outra medalla de ouro foi para Elisa Paz en W55, as medallas de prata foron para Manuela Guisasola en W55 e Domingo Álvarez en M65. Tamén acadaron o primeiro posto por equipos na categoría masculina de máis de 60 anos, estando formado por: Antonio Cabana, Emilio Toral, Jose Luis Meizoso, Domingo Álvarez e Eliseo López. Outros atletas como Begoña de Arriba estiveron a piques de subir ó podium, quedando na cuarta posición na categoría de W60.
O próximo campeonato no que tomarán parte será o Campeonato Galego de Veteráns en Pista Cuberta o vindeiro 3 de marzo en Ourense.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive