20 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A xustiza dá por 4ª vez a razón á Deputación e impide ao PP paralizar as residencias de Trabada e Ribadeo

16-05-19

 Lugo, 16 de maio de 2019. O Xulgado Contencioso Administrativo Número 1 vén de ditar un auto no que rexeita a petición dos Deputados do Partido Popular e do non adscrito de paralizar, sen motivo algún, as residencias de Trabada e Ribadeo. O centro de maiores de Trabada foi o primeiro que abriu as súas portas e actualmente conta cunha decena de usuarios veciños do municipio. A residencia de Ribadeo vai a abrir de forma inmediata e xa hai 46 solicitudes rexistradas para as 48 prazas que ofrece o centro.

O auto sinala que “una situación como la pretendida por la recurrente paralización del procedimiento de adjudicación de los contratos litigiosos para la puesta en funcionamiento de los Centros de Ribadeo y Trabada –ya en fase de ejecución- con numerosas solicitudes de plaza en los mismos, no cabe duda de que provoca un quebranto para el interés público, pues impediría o comprometería la puesta en funcionamiento de los servicios, en perjuicio del interés general”.

Na residencia de Trabada entrarán proximamente outra decena de persoas. O prezo das prazas é duns 640 euros de media, e calcúlase en función da capacidade económica dos usuarios. Co fin de garantir o acceso universal a esta prestación, Deputación e Concellos subvencionan as prazas para que ningún veciño se quede sen acceder aos centros por mor dos seus ingresos.

O auto emitido polo Xulgado apunta que “la mera alegación de dichos prejuicios, sin concretar cuáles serían y sin prueba algunha que sustente esa afirmación, es harto insuficiente para alcanzar una consecuencia jurídica con la solicitada”. Ademais, recolle que “no se puede pasar por alto que existen numerosos informes de advertencias de ilegalidad sobre dicho acuerdo; otro Acuerdo anterior adoptado en Junta de Gobierno que resuelve declarar la pérdida de condición de medio propio a SUPLUSA, y actuales convenios de colaboración suscritos entre los Concellos afectados y la Diputación; por ello, no se está en condiciones de afirmar que nos hallemos ante ninguno de esos supuestos excepcionales en el recurso contencioso planteado”.

O Xulgado dicta que “NO HA LUGAR” á suspensión solicitada e interpón costas á parte recurrente: PP e non adscrito.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive