23 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Fran Cajoto e o PSOE queren que a Cultura e a Educación sexan prioritarias nas políticas que se impulsen dende o Concello de Foz

16-05-19

 Foz 16 -05- 2019. “Unha aposta forte do PSOE de Foz, no eido cultural e educativo, é a posta en marcha dunha “Escola municipal de Artes Plásticas” coa finalidade de abrir unha xanela á vertente máis creativa, tanto dos mozos como do resto da poboación focense. Xunto a ela, queremos impulsar ó Cenima como centro de arte de referencia na Mariña”- así anuncia o candidato socialista Fran Cajoto- esta proposta que se inclúe no programa electoral socialista.
Os socialistas sabemos que a educación é clave para o desenvolvemento persoal e social e que as escolas educan á vez que a contorna na que se vive, polo que, impórtanos moito, poñer os medios necesarios para unha educación en equidade e ao alcance de todos, unha educación tanto para o alumnado que ten dificultades de aprendizaxe como para o de maior capacidade para aprender- explica o candidato socialista Fran Cajoto- e sempre apostaremos por un sistema educativo, de calidade para todos, á marxe do poder adquisitivo das familias.
Por isto, cremos que resulta imprescindible a implicación do Concello de Foz na educación, polo que levamos diferentes propostas no noso programa electoral neste senso, como por exemplo, a creación de liñas de axudas en función da renda familiar para materiais escolares ou para axudar a sufragar o gasto en desprazamentos ás diferentes universidades ou a ciclos formativos que se imparten noutras localidades. Tamén, comprometémonos a prestar servizos educativos complementarios ao alcance de todos os rapaces en idade escolar, uns servizos que, á súa vez, axuden á conciliación da vida laboral e familiar, como poden ser por exemplo: Implantar o servizo de madrugadores nos centros educativos. Desenvolver actividades integradas entre os centros escolares, as familias e a contorna que fomenten a cultura democrática, a equidade, a igualdade de xénero, a convivencia e a participación. Habilitar actividades extraescolares en horario non lectivo. Ou levar a cabo actividades en períodos vacacionais, – enumera Fran Cajoto- a vez que adquire o compromiso de que a biblioteca pública municipal este aberta en horario compatible cos dos estudantes e o da creación unha ” Pequeteca” para que os mais pequenos adquiran hábitos de lectura.
Queremos crear espazos, para que os mozos que teñan unha programación concreta na axenda municipal- di o candidato socialista- Non podemos permitir que non atopen alternativas de lecer en Foz, polo que impulsaremos a creación dun programa de cultura urbano con concertos e teatro alternativos, pintura urbana…, sempre traballando da man e en colaboración coa mocidade, para que sexa a súa voz a que nos indique as súas necesidades e inquietudes.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive