20 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Alcorcón, primeiro semifinalista da Copa da Raíña

14-06-19

 Burela 14-6-19. O AD Alcorcón FSF inaugurou a I Copa de SM A Raíña ao grande, conseguindo o primeiro billete para as semifinais ao impoñerse con claridade ao Jimbee Roldán FSF (1-5), en cuartos. As de Adri Martiño mediranse mañá, ás 17.45 horas, ao vencedor desta tarde entre o vixente campión de Liga e Copa, Futsi Navalcarnero, e Penya Esplugues (18.15 horas).

Alcorcón dispuxo das mellores chegadas con perigo nos primeiros segundos; dispuxo de máis ocasións e obtivo a recompensa estreando o electrónico superado o ecuador da primeira parte, nas zapatillas de Irene García. A falta dun minuto e medio para o descanso o pau evitou o segundo das madrileñas, en pugna de Irene Samper coa defensa levantina. Non se conformaban as de Adri Martiño e aínda con 44 segundos por diante, Irene García deulle un pouco máis de tranquilidade, con 0-2.

As alfareiras gozaron dun minuto de ouro no regreso ao parqué, o 24, con hattrick de Isa García en rexeite, tras unha falta. Non se fixo esperar o cuarto, con Nere Moldes, na seguinte xogada, que saíu vitoriosa ante a tentativa de Jimbee para bloqueala. Reaccionou entón o equipo de Peñaranda con xogo de cinco; no 28 conseguiu reducir distancias, con Alba Gandía. Vane Sotelo completou o triunfo, no 34, nunha gran vaselina desde media pista sorprendendo co 1-5. As de Adri Martiño aínda protagonizaron un par de sustos a porta baleira.

Ficha técnica

Jimbee Roldán FSF: Etayo, Andrea, Consu, Ángela, Claudia Terrés, cinco inicial; tamén xogaron Clara, Alba, Mirian, Bet

AD Alcorcón FS: Belén de Uña, Isa García, Irene Samper, Vane Sotelo, Ana Rivera, cinco inicial; tamén xogaron Nere Moldes, Cyn, Aída, Ballesteros, Laura, Marta

Goles: 0-1, minuto 11, Isa García; 0-2, minuto 20, Isa García, 0-3, minuto 24, Isa García; 0-4, minuto 24, Nere Moldes; 1-4, minuto 28, Alba Gandía; 1-5, minuto 34, Vane Sotelo

Árbitros: Carreira Romero // Figueroa Veiga. Por Roldán amarela para Mirian

Incidencias: Partido correspondente a cuartos de Copa de SM A Raíña (Burela, 14-16 de xuño), disputado no pavillón Vista Alegre, con case 700 espectadores.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive