A Fonsagrada, 15 de xuño de 2019.- O socialista, Carlos López López, tomou posesión este sábado como Alcalde da Fonsagrada. O actual rexedor subliñou que “a nosa xestión será leal a todos os veciños como demostramos durante estes 12 anos da man de Argelio, cun Concello aberto a todos os cidadáns, no que prime a transparencia, o diálogo e a participación”.
“O faremos cuns Gobernos do PSOE na Deputación e no Estado que nos achegarán novos investimentos para facer realidade proxectos tan importantes como a nova depuradora, o cuartel da garda civil, a residencia de maiores ou seguir mellorando servizos básicos do rural, priorizando as prestacións sociais”.
O Alcalde socialista estará acompañado no Goberno Municipal por 5 Concelleiros do PSOE, Argelio Fernández Queipo, José Ángel Fernández Carrín, María del Mar Testa Díaz e María Gloria Pasarín Méndez.