Ribadeo, 14 de agosto de 2019. Acisa envía un escrito aos seus asociados recordándolles a decisión adoptada hai meses de non colaborar neste 2019 coa comisión organizadora de las festas patronais de Ribadeo. Acisa non colabora como entidade, pero os seus socios e socias si o fan libremente con anuncios no libro dos festexos ou coas aportacións que consideren oportunas. A discrepancia entre Acisa e a comisión está na presenza en Ribadeo do Mercado Pirata, que se instala no parque de San Francisco do 16 ao 22 de agosto, durante a fin de semana de máis visitantes na localidade.
Desde Acisa seinalan que “hace aproximadamente un mes, esta asociación anuncio la decisión de no colaborar con las fiestas patronales de Ribadeo, algo que molestó a la comisión organizadora, pero que está debidamente fundamentado. El pasado mes enero, en asamblea general, se aprobó por unanimidad de los asistentes, la decisión de no colaborar con las fiestas patronales, considerando que la asociación que representa a los comerciantes no podía dar su apoyo a una comisión que organiza una actividad (el Mercado Pirata) que supone una competencia directa y desleal al comercio local, que es el mayor patrocinador de estas fiestas y que en relación a Acisa suponen el 75 % de los asociados y asociadas”.
Acisa engade que “esta decisión fue sometida de nuevo a consulta el pasado mes de julio y ratificada por la junta directiva”.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo subliña que “Acisa tiene la obligación de defender los intereses de sus asociados y asociadas. Han sido muchas las quejas recibidas por venir colaborando con esta comisión, mientras se permita poner en los mejores días del año, un mercadillo de este tipo y en coherencia con nuestros objetivos de defensa del comercio local se tomó dicha decisión. Nada tiene que ver con los puestos ambulantes de los días de las fiestas, que forman parte de las mismas. La decisión de Acisa se suscribe y se refiere únicamente al Mercado Pirata”.
A xunta directiva explica que “atendemos también así, a la petición de no duplicar la ayuda que se les ofrece, ya que en el caso de los comercios y hosteleros asociados a Acisa están colaborando de forma doble, por una parte con los anuncios que pagan en el libro de las fiestas y por otra a través de la aportación que hacía Acisa para las fiestas”.
No escrito remitido sinala que “tras las declaraciones del presidente de la comisión de fiestas queremos aclarar que de no haber juegos infantiles para los niños, la única responsable será la comisión organizadora de las fiestas patronales, ya que era conocedora de nuestra negativa a colaborar con tiempo suficiente, y además suponemos que con 90.000 euros de presupuesto para organizar las fiestas patronales de Ribadeo, nuestra humilde aportación será fácil de ser asumida”.
Y concluyen indicando que “Acisa seguirá colaborando con las entidades que nos lo soliciten, siempre bajo los mismos criterios: porque tienen poco presupuesto, porque respeten la actividad de nuestros asociados y asociadas, no suponiendo un perjuicio para ellos, y que atraigan visitantes y por tanto potenciales clientes. Así lo hemos hecho y así lo seguiremos haciendo”.
Vindeiros festivos
Ante os vindeiros dous festivos, 15 e 16 de agosto, un nacional e outro local, Acisa recorda que “según la legislación comercial, ninguno de los dos se enmarca dentro de los festivos de obligado cumplimiento para el pequeño comercio, por lo que cada establecimiento puede tomar la decisión que crea oportuna sobre la apertura o cierre”.
Horarios de hostelería
No caso do sector hosteleiro Acisa insiste en que as madrugadas do 14 ao 15, do 15 ao 16, do 16 ao 17 e do 17 ao 18 de agosto todos os establecementos hosteleiros asociados contan con permiso dunha hora máis de actividade sobre o límite de peche marcado polas súas licenzas.

























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



