17 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Mondoñedo presenta o cartel das San Lucas 2019 na Praza da Catedral, onde se desenvolverán parte das actividades das Feiras e Festas deste ano

11-09-19

 Mondoñedo 11 setembro 2019.- Mondoñedo presentou publicamente na Praza da Catedral o cartel anunciador das que son as feiras e festas máis antigas de Galicia, As San Lucas, que se celebrarán na cidade entre o 17 e o 20 de outubro.

A Comisión Organizadora das feiras e festas xunto á alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, elixiron nesta ocasión a Praza da Catedral como o lugar idóneo para dar a coñecer aos veciños e veciñas o cartel deste ano.

A Praza da Catedral non só é unha das cúspides do patrimonio histórico- artístico da cidade senón que tamén é onde se desenvolverán unha parte das actividades do programa deste ano. Polas pedras desta emblemática praza, trotan cada17 de outubro dende fai 863 anos, os cabalos que baixan dende os montes da contorna ata o Campo da Feira para ser vendidos na Gran Feira do día 18.

Internacionalización das San Lucas
O presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, asegura que estas feiras e festas achegan un ano máis “valor histórico, cultural e literario” á cidade, a través dun amplo programa “que engloba, ademais da tradicional feira de Gando Cabalar o día 18, actividades culturais, literarias, xunto a música e diversión”.

O cartel deste 2019 é “unha nova obra de arte” do mestre Xosé Vizoso. Souto di que o cartel “representa moi ben e plasma de xeito maxestoso e moi característico e persoal non só a esencia das San Lucas, senón tamén o programa desta edición que daremos a coñecer nas vindeiras presentacións”.

Álex Clavero e as mellores orquestras
Miguel Souto adiantou que o programa que desenvolve a asociación, coa colaboración de veciños e veciñas e das administracións públicas, inclúe o monólogo de Álex Clavero, colaborador en Rock FM, entre outros espazos. Trae a Mondoñedo un espectáculo de risas e recordos, no que mostra o moito que cambiou o mundo en tan pouco tempo e que terá lugar o domingo 20 de outubro, ás 18:30 horas no auditorio Pascual Veiga. Xa están as entradas á venda na plataforma Woutick .

Un ano máis, as verbenas estarán amenizadas coas mellores orquestras: Comezan o dia 17 coa Panorama e Grupo Beatriz; 18 Palladium e Olympus; día 19 actuarán as formacións Aramio e Claxxon e, por último, o 20 tocarán La Oca band e Los Salélites .

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive