Barreiros, 2 de outubro, 2019. Compoñentes do colectivo organizador, ACD Praias de Comado, xunto con Daniel García, concelleiro responsable da área de Dinamización e Participación Social, e Manuel Otero Méndez, Manolo “Cadramón”, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, presentaron “Comado 2019”: unha nova edición da carreira e trails que terán lugar en dito monte do concello barreirense.
A cita deportiva, que terá lugar os días 12 e 13 de outubro, conta coa colaboración das administracións municipal e autonómica. Trátase da quinta edición do Trail Monte Comado e sexta da carreira 1/2 vertical, o que fai desta ocasión deportiva xa un referente no calendario deportivo mariñao.
Ao igual que en anteriores edicións, o 1/2 Vertical terá lugar na tarde do sábado 12 de outubro ás 16:30h., saíndo da praia de Arealonga e rematando no mesmo Monte Comado, lugar onde terá tamén lugar a carreira infantil. No día seguinte, domingo 13 de outubro terá lugar o Trail Monte Comado, do cal se diferencias dúas modalidades: percorrido curto, de 10 km.; e percorrido longo, de 28 km. No caso do percorrido curto, a saída terá lugar ás 10:30h. nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, consistindo nun percorrido circular que acade o cumio do monte e tendo lugar a meta no mesmo lugar da saída. No caso do percorrido longo, a saída estará situada na Ponte do Barral, en Celeiro de Mariñaos e a meta estará igualmente situada nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, téndose pasado previamente polos monte Cornería, paraxe natural de Santo Estevo do Ermo, e montes Penabor, Lousedo e Comado. Neste caso haberá servizo de bus, debendo estar nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante ás 9h. todas as persoas que desexen participar para ser trasladadas á saída, que será ás 9:30h.
A presentación desta cita deportiva tivo lugar no lugar da Roda, na parroquia barreirense de Santiago de Reinante, xacemento arqueolóxico de renomeada importancia, que será tamén bordeado polas persoas que participen en calquera das 3 modalidades adultas.
As inscricións estarán abertas ata o mércores 9 de outubro, sendo xa preto dun cento as persoas apuntadas para participar. A modalidade infantil é de balde, e no caso das modalidades adultas, a
inscrición inclúe de agasallo unha árbore autóctona e un turbante técnico para o caso do 1/2 Vertical, e un vaso plegable a maiores para os Trail longo e curto. Igualmente, a inscrición en calquera das dúas modalidades de Trail inclúe a participación de balde no 1/2 Vertical. Todos os percorridos contarán con avituallamento en varios puntos, así como unha merenda a base de pinchos para todas as persoas participantes, ao remate das probas.
Toda a información referida a esta nova edición, así como a pasarela de inscricións, están dispoñibles na páxina web https://mediokmverticalmontecomado.jimdo.com











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
