21 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Pescados Rubén Burela 1-4 Viña Albali Valdepeñas

12-10-19

 Burela, 12 de outubro, 2019. Vista Alegre viviu unha cita moi igualada este venres na xornada 5 cun Pescados Rubén Burela FS ao que o lastrou en exceso o xogo de áreas, fronte a un Viña Albali Valdepeñas (1-4) que soubo aproveitar as súas ocasións á perfección.

Juanan adiantou os visitantes nos compases iniciais, nun lanzamento afastado que non puido frear o porteiro naronés. Non entraran ben os de Juanma Marrube, pero souberon repoñerse con serenidade e orde. Renato, coa portería como obstáculo, e Joselito, por partida dobre, merodearon a rede do Valdepeñas sen éxito, pero foi Luisma o que selou a igualada, no minuto 11, tras un gran control de Pope. Pouco despois, o pau evitou a iniciativa local no luminoso, cun mísil de Álex Diz nos primeiros pasos sobre o parqué do lugués.

Volveu o xogo ao parqué da Bomboneira coas mesmas armas burelistas. Edu freou o perigo azulón nun man a man con Cainan, no 25, pero nado puido facer nada ante Buitre, no 27, que recibiu de costas desde saque de banda e recuperou a vantaxe nun disparo raso. Tan só un minuto despois, Rafael sorprendeu cun lanzamento desde os 12 metros. Fixeron moito dano estas dúas dianas e certa nebulosa se apoderou das ideas laranxas. Rozando o ecuador deste período, R. Vargas puido reducir ao segundo pau. Non desaproveitou, con todo, o Valdepeñas gañando a partida a un contraataque burelista, que sentenciou o ex dos mariñáns Chino. Remando con 1-4 en contra e case oito minutos por diante, Everton enfundouse na camiseta de porteiro xogador, alternando con Álex Diz. A falta de 4 para a bucina, a tentativa de Chino a porta baleira foise por pouco; seguiron na súa aposta de cinco os de Juanma Marrube aínda que non atoparon o perigo necesario fronte a un rival que soubo sufrir en defensa.

Sumámonos ao Rosa, Contigo Damos a Cara

Logo da xornada de hoxe, Vista Alegre e a Familia Laranxa volverán sumarse ao Rosa para Dar a Cara contra o Cancro, mañá na xornada 5 de Primeira RFEF, coa visita do Leganés Masdeporte (18.30 horas).

Coa proximidade do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama -o 19 de outubro-, a Bomboneira e a Asociación Española contra o Cancro están dando a coñecer o labor do servizo da Mariña do colectivo, con Estefanía Corcoba e Mayra Paleo.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, R. Vargas, Renato, Pope, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Everton, Joselito, Juanfran, Matamoros, Álex Diz

Viña Albali Valdepeñas FS: Edu, Juanan, Dani Santos, Chino, Nano, cinco inicial; tamén xogaron José Ruiz, Rafael Rato, Buitre, Cainan, Terry

Goles: 0-1, minuto 2, Juanan; 1-1, minuto 11, Luisma; 1-2, minuto 27, Buitre; 1-3, minuto 28, Rafael Rato; 1-4, minuto 33, Chino

Árbitros: Mayo López // Panadero Díaz-Concha. Por Burela amarela para Juanfran (minuto 9), Pope (minuto 40). Por Valdepeñas, amarela a Buitre (minuto 27)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 5 de Primeira LNFS disputado en Vista Alegre uns 900 espectadores/as. O conxunto laranxa volveu saltar á pista co lema Forza Iago!!! nas súas camisetas, en apoio ao 5 burelista.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive