19 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Vanesa Somoza: “O Goberno ten a obriga de defender Alcoa por riba dos intereses das multinacionais que enchen os petos e marchan. A súa loita é un exemplo e un orgullo: xuntos polo emprego e o futuro”

05-11-19

 Lugo, 7 de novembro. Galicia en Común ven de demandar un tren do século XXI para a provincia de Lugo que vertebre o territorio cun transporte colectivo, eficiente e sostible que conecta as vilas coa cidade, o resto de Galicia e a Meseta e “nos afaste da idade media ferroviaria na que nos deixaron esquecidos PP e PSOE como se fósemos cidadáns de segunda”.

“É indispensable a implantación da dobre vía e a electrificación de todo o tramo do ferrocarril, porque mentres o PP e o PSOE nos marean coa chegada do AVE, e nos distraen coas promesas de campaña nunca realizadas, están a negar a situación real: temos unas infraestruturas deterioradas, indignas e propias do século pasado”.

Así o denunciaba este xoves a candidata de Galicia en Común por Lugo. Vanessa Somoza escollía a estación do tren de Lugo como escenario para chamar a atención sobre as graves eivas que ten a provincia de Lugo nas comunicacións interiores. “O ferrocarril é indispensable para unirnos, primeiro para coser e vertebrar a nosa provincia e para conectarnos co resto das vilas e cidades de Galicia e do Estado”, manifestou.

“Desde Galicia en Común-Unidas Podemos, apostamos pola posta en valor e a modernización do tren de proximidade e de media distancia, con frecuencias y tarifas axeitadas e xustas, aos tempos e as necesidades das persoas do común: os traballadores, os estudantes, a mobilidade autónoma entre vilas dos nosos maiores no transporte colectivo, para favorecer tanto o transporte de mercadorías como o das persoas”, explicou Somoza, que se marcou como compromiso de dar a batalla pola modernización da antiga FEVE, como xa levan tempo demandando os concellos do trazado, como urxencia real para vertebrar o eixo do Cantábrico alén de demandar investimentos para duplicar e electrificar os camiños de ferro da provincia e mellorar as comunicacións ferroviarias.

“Cun ferrocarril eficiente e unha conexión viaria axeitada, co remate da A54 e a A56, e a mellora do transporte público, todo unido a posta a punto dunha intermodal de modelo ecolóxico e articulado melloraremos non só as conexión senón que favoreceremos o medio ambiente”, reflexionaba a candidata por Lugo.

Ao respecto da situación da industria na provincia, Somoza facía a imprescindible mención a Alcoa en San Cibrao. “O Goberno ten a obriga de protexer aos cidadáns, aos traballadores e traballadoras, por riba dos intereses dunha multinacional que recibiu miles de euros en subvencións e agora decida marchar para deslocalizar a produción e encher os seus petos. Debería haber unha tarifa electrointensiva xusta e adecuada, pero non habería este problema se tiveramos unha empresa pública de enerxía ou mesmo a intervención, como permite a Constitución». “A loita de Alcoa é un exemplo, unha referencia. Eles marcan o camiño. Unidos na defensa do emprego, da comarca, do futuro”, reflexionou.

A cabeza de lista de Galicia en Común por Lugo tamén chamaba a atención sobre outra cuestión non menor: “infraestruturas tamén son modernizar o regadío no Val de Lemos e a Terra chá ou levar a banda ancha a todo o interior de Lugo, cuestión fundamental hoxe en día, e por en valor e protexer os nosos tramos das rutas Xacobeas.

“Desde logo que eu non descansarei. Nós non descansaremos até acadar estes obxectivos. Por iso, o noso lema é: Conta con Nós. Porque precisamos dun Goberno de esquerdas que entenda e atenda, coñeza e se implique na cohesión interna do noso territorio e cos nosos sectores produtivos, do mar de Burela a Quiroga e de Pígara (Guitiriz) ao Piornedo”, rematou a candidata de Galicia en Común, que facía un chamado a encher as urnas de votos o domingo por un Goberno con Galicia dentro.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive