10 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Plataforma Sanitaria da Mariña apoia e súmase á concentración de enfermeiras eventuais en loita este mércores

11-02-20

 A Mariña, 11 de febreiro de 2020. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública manifesta que apoia e se adhire ás concentracións que o vindeiro mércores 12 de febreiro o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita convoca diante do hospital e centros de saúde ás 12 horas.
Baixo o lema “Porque tiveches que emigrar? “, o colectivo de enfermeiras quere poñer no centro do debate outra das nefastas consecuencias para a calidade asistencial das políticas sanitarias de Feijóo: a emigración de centos de profesionais cara a outras comunidades ou a outros paises por mor da precariedades laboral coa que as castiga o SERGAS. Esta fuxida en desbandada ,algunhas mesmo a poucos quilómetros, ao outro lado da Ponte dos Santos, está a producir o baleirado de personal das listas de contratacións, atraídos polos contratos máis estables que se ofertan fora de Galiza.
Desde a Plataforma Sanitaria animamos a veciñas e veciños para que se acheguen até a entrada do hospital ás 12horas do mércores. Montse Porteiro, coordinadora da Plataforma comenta que
“Apoiamos esta mobilización porque sodes parte desta plataforma, máis tamén porque sodes parte das nosas vidas, acompañándonos, coidándonos e favorecendo a curación da enfermidade. “

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive