06 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo pechará as instalacións municipais este mércores, 1 de xullo, en apoio e solidariedade cos traballadores de Alcoa e das empresas auxiliares

29-06-20

 Cervo, 29 de xuño de 2020. O Concello de Cervo, nun símbolo máis de apoio manifesto e de solidariedade cos traballadores de Alcoa e das empresas auxiliares, pechará as instalacións municipais este mércores, 1 de xullo, “nun intre crucial no que está en xogo o presente e o futuro de toda a Comarca”.

O rexedor, Alfonso Villares, mantivo este mediodía un encontro cos representantes do traballadores municipais, no que lles trasladou a decisión de secundar a convocatoria de folga anunciada polo Comité de Empresa de Alcoa.

Así, nesa xornada tan só permanecerán operativos os servizos mínimos esenciais.

Villares precisou que é fundamental que toda a Comarca reme unida nunha mesma dirección para reverter o peche da fábrica de aluminio e o despido de máis de 500 empregados directos e de moitos máis indirectos das empresas auxiliares; “todos formamos unha gran cadea, e a materialización deste proceso sería un golpe con consecuencias irreparables para toda a bisbarra; non o podemos permitir”; precisou.

Neste senso, o rexedor cervense reitera que o prezo da enerxía, tal e como vimos alertando todos durante este tempo e sempre capitaneados polo Comité de empresa de Alcoa “é a sentencia de morte da nosa empresa de aluminio”, polo que insiste “na necesidade da aprobación inmediata por parte do Goberno do Estado dese estatuto para as empresas hiperelectrointensivas polo que levamos agardando case dous anos”; e a urxencia da convocatoria da poxa de interrompilidade para o segundo semestre do ano.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive