27 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Xove apoia o novo filme de Xacio Baño

20-11-20

 Xove, 20 de novembro, 2020. Augas Abisais, o novo filme do director xovense Xacio Baño, estréase na 58 edición do prestixioso Festival Internacional de Cinema de Xixón
Contou co apoio do Concello para rodar en Xove e poderá verse por primeira vez a nivel nacional o 23 de novembro ao abeiro do festival nunha plataforma dixital por mor do COVID
O filme está gravado na súa maior parte en Xove, na casa familiar do cineasta antes da pandemia e contou tamén coa participación de empresas da zona coma Evox Vertical para a realización de planos de grúa.
Estrouse internacionalmente en Shefflield Doc/FEst, Inglaterra, a semana pasada e a súa premiere nacional será no Festival Internacional de Cinema de Xixón, dentro da sección oficial de curtametraxes. Este é unha das citas máis prestixiosas do circuito nacional de cinema e competirá con 15 obras internacionais de primeiro nivel. Debido ao Covid, esta edición será online, e a peza poderase ver baixo pago na plataforma Festfhome dende o luns 23 de novembro as 18.00 ata o xoves 26 do mesmo mes.
Augas Abisais é unha peza de 25 minutos que aborda o tema do esquecemento. O cineasta, partindo dunhas cartas atopadas nun baúl da casa dos avós, reconstrúe a vida dun ascendente familiar que foi obrigado a ir á Guerra Civil con dezasete anos. Estas cartas e o contraste coa memoria oral que se transmitiu de xeración en xeración na familia fan que a peza toque os terreos da fábula, do onírico e do sensorial.
O filme xirará por festivas nacionais e internacionais neste ano tan atípico para a exhibición cinematográfica. Tamén se fará un pase no Concello de Xove cando a situación sanitaria o permita.
Esta é a segunda vez que Xacio Baño filma un proxecto persoal no seu pobo despois de Ser e voltar no 2014. Ademais está a desenvolver unha peza sobre os montes medulios de Galicia e a creación da identidade galega, no que estará presente a Medela, que fai de límite entre Cervo e Xove, e que a mitoloxía sinala coma un posible Medulio.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive