RIBADEO.- O concello de Ribadeo ten en Cubelas unha brigada de protección contra o lume, este servizo depende da Consellería de Medio Rural. Según indicou concelleiro delegado de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro hai cinco persoas cuio traballo “consisten de xeito prioritario na loita contra os lumes, así como todas aquelas tarefas que tamén teñen que ver cos incendios: desbroces das balsas, limpeza dos camiños forestais, repoboacións e adecentamento das masas común que sexan necesarias”.
Nota de Prensa
O CONCELLO DE RIBADEO CONTA CUNHA BRIGADA SEAGA FORMADA POR CINCO PERSOAS.
Ribadeo, 9 de xullo de 2008. O Concello de Ribadeo, segundo anuncia o concelleiro delegado de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, <conta cunha brigada denominada SEAGA dependente da Consellería de Medio Rural a través dos servizos agrarios galegos>. Esta brigada que está formada por cinco persoas traballará durante tres meses no municipio desde a base que ten en Cubelas.
As tarefas que realizará <consisten de xeito prioritario na loita contra os lumes, así como todas aquelas tarefas que tamén teñen que ver cos incendios: desbroces das balsas, limpeza dos camiños forestais, repoblacións e adecentamento das masas común que sexan necesarias>, engade Cupeiro.
A brigada SEAGA traballa en Ribadeo durante os meses de xullo, agosto e setembro.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



