O Concello recomenda seguir o fenómeno desde o Campin do paseo marítimo e os areais da Concha e da Basteira, polas súas mellores condicións de espazo e seguridade, e deseña un dispositivo especial de mobilidade para facilitar o acceso ao Faro de Cabo Ortegal
Cariño, 7 de agosto, 2026. O vindeiro 12 de agosto, Cariño converterase nun dos destinos de referencia para contemplar o eclipse solar total, un acontecemento astronómico excepcional que reunirá a milleiros de persoas en distintos puntos do litoral galego. A súa privilexiada ubicación no corazón do Xeoparque Cabo Ortegal, a orientación da súa costa cara ao horizonte oeste e a espectacularidade da súa paisaxe converten ao municipio nun enclave idóneo para gozar deste fenómeno nun entorno natural incomparable.
Sen dúbida, o Faro de Cabo Ortegal e a súa contorna, cos seus espectaculares cantís e a ausencia de obstáculos cara ao horizonte oeste sobre o mar, constituirán un dos mellores lugares para a observación deste fenómeno único. Precisamente por este motivo, e co obxectivo de garantir a seguridade e facilitar o desenvolvemento da xornada, o Concello de Cariño establecerá un dispositivo especial de mobilidade.
Co fin de evitar aglomeracións e garantir a seguridade de todas as persoas asistentes, o Concello recomenda como punto principal de observación a zona do Campin no Paseo Marítimo e os areais da Concha e da Basteira, espazos amplos e cunha excelente orientación cara ao horizonte oeste sobre o mar, condición imprescindible para gozar do eclipse nas mellores condicións.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destaca que “el eclipse representa una oportunidad extraordinaria para mostrar al mundo todo lo que ofrece Cariño. Queremos que quienes nos visiten disfruten de un fenómeno irrepetible, pero también que lo hagan con comodidad y seguridad, al tiempo que descubren nuestro paisaje, nuestro patrimonio natural y todo el potencial del municipio”.
Un dispositivo especial para garantir a seguridade
Co obxectivo de facilitar a mobilidade, evitar aglomeracións e garantir a seguridade de todas as persoas asistentes, o Concello porá en marcha un operativo especial durante toda a xornada do 12 de agosto.
Entre as 9:00 e as 16:00 horas permanecerá pechado ao tráfico rodado o tramo comprendido entre a Fonte de San Xiao e o Faro de Cabo Ortegal. Os vehículos que accedan durante a mañá deberán abandonar a zona antes das 16:00 horas pola estrada en dirección ao núcleo urbano.
A partir das 16:00 e ata as 22:30 horas, todos os accesos por estrada ao Cabo Ortegal permanecerán pechados ao tráfico para favorecer a mobilidade peonil, evitar concentracións de vehículos e facilitar o funcionamento do dispositivo especial de transporte. Tamén quedarán pechados ao tráfico a intersección da estrada de O Limo en dirección a A Vacariza, a pista de Faroleiro-Gargazido e o acceso desde Vila cara ao Cabo Ortegal.
Como medida para facilitar o acceso das persoas que desexen achegarse ao Faro de Cabo Ortegal, o Concello habilitará un servizo especial de autobuses desde as 18:00 horas, con saída desde a zona do cemiterio (Tortela) e chegada ao faro. Os autobuses realizarán traxectos continuos durante toda a tarde, cunha frecuencia adaptada á demanda.
As persoas que opten por realizar o percorrido a pé ata o cabo deberán facelo con responsabilidade, levando abundante auga, protección solar e roupa e calzado axeitados.
A alcaldesa sinala que “Hemos preparado un dispositivo pensado para que una jornada histórica transcurra con normalidad y para que todas las personas puedan disfrutar del eclipse de forma cómoda y segura”.
Observación segura e reparto gratuíto de gafas
O Concello lembra que a observación directa do Sol unicamente debe realizarse mediante gafas homologadas para eclipses. A utilización doutros métodos de observación pode provocar lesións oculares graves e irreversibles.
Co fin de facilitar unha observación segura, o 12 de agosto distribuiranse gratuitamente gafas homologadas na Oficina de Turismo, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Entregarase un máximo dunha gafa por persoa, aínda que os proxenitores ou titores legais poderán recoller tamén as correspondentes aos menores ao seu cargo.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


