NOTA DE PRENSA
A directora xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Begoña Santos, confirmou que entre os sete novos xulgados que se crearán na nosa comunidade non estará a recuperación da sede xudicial nesta localidade mariñá
RIBADEO SEGUIRÁ SEN XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN
* Outra oportunidade perdida: PSOE e BNG obstaculizar a recuperación do xulgado ribadense en contra do que prometeron no seu día. Segundo o PPdeG ambos partidos enganaron aos veciños da Mariña oriental.
* Os populares dubidan da vontade política do Goberno galego a prol da recuperación deste servizo e incluso chegan a poñer en dúbida que a Xunta tivera reclamado o novo xulgado ao Executivo central. “Reclamamos o documento no que consta esta solicitude no Parlamento e non nolo deron. Levamos máis de seis meses esperando por el”
A Mariña, 13 de agosto de 2008.- A director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Begoña Santos, confirmou a preguntas do PPdeG que Ribadeo seguirá sen xulgado de primeira instancia e instrución. A representante do Goberno bipartito de Galicia realizou a devandita afirmación no seo da comisión 1º de Administración Xeral e Xustiza do Parlamento galego onde compareceu para dar resposta a unha iniciativa do deputado José Manuel Balseiro. A través dunha pregunta oficial os populares querían saber se entre as sete novas sedes xudiciais que o Goberno central concedeu a Galicia a Xunta incluiría o xulgado de Ribadeo. A alto cargo da Consellería de Presidencia que compareceu na Cámara autonómica esta mañá rematou con esta expectativa tras confirmar que o Goberno galego non proporá a creación do xulgado de Ribadeo entre estas sete novas sedes xudiciais.
ROMEU MENTIU AOS VECIÑOS DA MARIÑA ORIENTAL
En opinión do Grupo Parlamentario Popular “estamos ante unha nova oportunidade perdida” o que pon de relevo que, tanto PSOE como BNG, “non teñen vontade política de recuperar este novo servizo e, inexplicablemente compórtanse de xeito contrario ao que deberían facer, isto é “como se o bipartito fora un obstáculo para a creación do novo xulgado”. Parece evidente que, tanto a propia directora xeral de Xustiza, Begoña Santos, na súa visita a Ribadeo, como o propio conselleiro socialista Méndez Romeu, “mentiron sen contemplación aos veciños cando afirmaron que recuperarían este xulgado”.
A XUNTA NEGA A DOCUMENTACIÓN SOLICITADA POLO PP
Ata tal punto chega o grado de desconfianza do Grupo Popular nas xestións que se están a levar a cabo por parte do Goberno galego en relación con esta petición unánime e consensuada das forzas civís, políticas e sociais da Mariña oriental, que os populares incluso dubidan de que a Consellería de Presidencia remitira ao Goberno central a proposta de creación deste novo xulgado de Ribadeo, tal e como afirmou publicamente xa fai tempo.
Isto é así porque pese a que o Grupo Popular ten reclamado con data 8 de abril do 2008, polo procedemento regulamentariamente establecido, o documento no que consta a solicitude desta nova sede xudicial, a Consellería de Presidencia non o remitiu aínda ao Grupo Popular “Levamos máis de seis meses esperando, e o Goberno galego non quere darnos esta información, e por iso que dubidamos incluso de que esta solicitude exista. ¿Que é o que queren ocultar?”
REORGANIZAR A XUSTIZA
Por outra banda, o deputado popular José Manuel Balseiro clarexou que o seu Grupo Parlamentario é partidario dunha reorganización do sistema xudicial na nosa comarca. “Que achegue servizos aos cidadáns e que contribúa a reducir a carga de traballo dos xulgados, facendo máis áxil a xustiza e máis eficaz a prestación deste servizo”
Neste senso propón ademais da creación dun novo partido xudicial nos concellos da Mariña oriental, que incluiría un xulgado de primeira instancia e instrución en Ribadeo, a incorporación dos casos xudiciais procedentes de Foz ao actual partido xudicial de Mondoñedo e o aumento no persoal destinado ao xulgado de Viveiro que, na actualidade, esta a sufrir certo colapso.
ANTECEDENTES
O Goberno que preside Jose Luís Rodríguez Zapatero vén de conceder sete novas salas xudiciais para toda Galicia. Isto representa menos da metade das solicitudes realizadas desde a nosa comunidade posto que reclamábamos a creación de 18 novos xulgados. Agora é a quenda da administración autonómica que, a través da Consellería de Presidencia, en reunión conxunta cos membros da sala de goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, decidirán a distribución dos novos emprazamentos

















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



