NOTA DE PRENSA
O centro hospitalario burelense dispón do aparataxe e instrumental axeitado para desenvolver estas probas pero Sanidade xustifica os traslados na carencia de médicos especialistas, dato que vén a corroborar as denuncias do PPdeG sobre a carencia no cadro de persoal do centro.
O SERGAS CONFIRMA O DESPRAZAMENTO DE 516 DOENTES DO SERVIZO DE CARDIOLOXÍA DO HOSPITAL DA COSTA ATA CENTROS PRIVADOS DE LUGO E CORUÑA PARA SER SOMETIDOS A DIFERENTES PROBAS DIAGNÓSTICAS
* Os traslados afectaron a 19 doentes no 2006, 120 no 2007 e 342 no que levamos de ano. Aínda están pendentes de ser traslados 35 persoas “pese a que, segundo afirman desde o SERGAS, xa existe un novo cardiólogo no Hospital da Costa e, polo tanto, non persiste a causa que motivou os desprazamentos”.
* Os populares cuestionan que o criterio do SERGAS ante este tipo de eventualidades sexa obrigar a trasladarse aos pacientes a máis de 400 quilómetros -viaxe de ida e volta- en vez de decidir o traslado do médico especialista durante o tempo necesario ou en vez proceder a ampliación do horario de realización das devanditas probas aquí en Burela.
A Mariña, 13 de novembro de 2008.- O director xeral do SERGAS, Julio Vilar Barreiro confirmou no día de hoxe, en resposta ao Grupo Parlamentario Popular, que doentes do servizo de cardioloxía do Hospital da Costa teñen que desprazarse a un centro privado sito na cidade da Coruña e ao Policlínico de Lugo para ser sometidos a determinadas probas diagnósticas. Todo iso a pesar de que no centro hospitalario burelense existe aparataxe e instrumental axeitado para desenvolver as devanditas probas.
CARENCIAS NO CADRO DE PERSOAL
O alto cargo do Servizo Galego de Saúde xustificou estes desprazamentos na carencia de médicos especialistas en cardioloxía no Hospital da Costa o que vén a confirmar as denuncias do PPdeG que repetidamente esta a reclamar un reforzo no cadro de persoal deste centro. “Ante esta situación -explicou o director xeral- optouse por facer as probas diagnósticas que se precisaran, e que non puideran asumirse no Hospital da Costa, desprazando aos doentes ata os seus centros de referencia de Lugo e da Coruña. Todos eles, centros concertados co Servizo Galego de Saúde” Un deles, o Hospital San Rafael é un centro privado que curiosamente esta dirixido polo anterior Secretario Xeral do departamento autonómico da socialista Maria José Rubio Vidal.
516 AFECTADOS
Julio Vilar confirmou que as derivacións a centros distintos do de Burela de doentes do seu servizo de cardioloxía comezaron no 2006 con 19 traslados. Continuaron no 2007 afectando a 120 persoas e continúan ao longo do 2008, afectando neste ano a 342 doentes. O director xeral explicou, incluso, que queda pendente o traslado de 35 persoas máis, de xeito inminente e todo iso, “pese a que, segundo afirman desde o SERGAS, xa existe un novo cardiólogo no Hospital da Costa, e polo tanto que se resolveu a circunstancia que entonces xustificaba estes traslados”. Sanidade non descarta, manter estas derivacións “mentres persista a demora na realización das probas ou a lista de espera sexa máis que pouco razoable”
O PP CUESTIONA O CRITERIO EMPREGADO POR SANIDADE
Desde o PPdeG cuestionaron o criterio empregado polo SERGAS para levar a cabo os devanditos desprazamentos. O voceiro de Sanidade do PPdeG Miguel Santaelices explicou que “non é moi comprensible que, tratándose dun problema que se prolonga no tempo, Sanidade prefira someter a estes doentes a desprazamentos de máis de 400 quilómetros -viaxe de ida e de volta- en vez de trasladar ao médico especialista ata Burela de tal xeito que poida estar presente na realización daquelas probas diagnósticas que así o precisen”.
MEDIDAS CORRECTORAS
Santaelices tamén explicou que existen outro tipo de medidas correctoras que evitarían estes desprazamentos dos enfermos, como son a ampliación da xornada do cardiólogo que traballa no Hospital da Costa, ou a elaboración dun plan especial. Desde o PPdeG insisten en cualificar como “inexplicable e pouco equitativo” que Sanidade prefira trasladar máis de 500 pacientes, “co trastorno que isto provoca a estas persoas e aos seus familiares, en vez de facer o posible por diminuír estas derivacións. ¿Cal é o concepto de equidade que vostedes manexan?”- preguntou, neste senso, o voceiro de saúde do PPdeG
INICIATIVA PARLAMENTARIA DE BALSEIRO
A iniciativa que foi obxecto de debate no día de hoxe, e da que é autor o deputado mariñán José Manuel Balseiro Orol, foi rexistrada tras ter constancia de múltiples queixas dos doentes do servizo de cardioloxía do centro hospitalario mariñán que fixeron chegar as súas protestas ás oficinas que o Partido Popular ten abertas ao público en Viveiro e Ribadeo.
Os populares xa adiantan que continuarán presentando cantas iniciativas sexan necesarias “para poñer de relevo o progresivo deterioro do sistema público de saúde e no obxectivo de que o SERGAS habilite un plan específico chamado a corrixir as excesivas listas de espera que se rexistran no Hospital da Costa”. “Desafortunadamente PSOE e BNG están a servir de obstáculo no obxectivo de solucionar estas problemáticas”- explicou Balseiro Orol- “por poñer un só exemplo disto, lembremos a negativa do bipartito a elaborar unha auditoría das listas de espera que darían unha imaxe moito máis real da situación pola que se pasa o noso hospital”



















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



