Nota de Prernsa
O BNG DI QUE BARREIROS NON PODE PERDER A OPORTUNIDADE DE INVESTIR DE 5 MILLÓNS DE EUROS NA CONSTRUCCIÓN DE 156 VIVENDAS A TRAVÉS DO PLAN SECTORIAL DE SOLO RESIDENCIAL. OS NACIONALISTAS CRITICAN A ACTITUDE DO ALCALDE.
Barreiros, 30 de decembro de 2008. O voceiro do BNG en Barreiros, Antonio Veiga considera que o plan sectorial de vivenda para este concello é bastante interesante xa que suporá a construcción de 156 vivendas, 128 protexidas e 28 libres “completando unha maia urbana en 46.000 metros cadrados e cunha inversión de 5 millóns de euros. Nós xa o dixemos en máis dunha ocasión, Barreiros non pode deixar pasar este tren, outra cousa son as lóxicas alegacións que poidan presentar os veciños e os propietarios afectados. Nesa fase de interlocución que mantivemos desde o BNG cos veciños eles deixaron claro que ían presentar alegacións para que non se viran afectadas unhas hortas e unhas casas de certo interés como son as de indianos de principios de século. Entón a proposta que facían era modificar un pouco a traza de onde ían ubicarse eses 46.000 metros”.
Segundo os nacionalistas barreirenses “no pleno do Concello celebrado onte a alcaldía fixo unha proposta con dous acordos, un asumible e outro que non era asumible. No 1º punto propoñía que se fixera unha nova delimitación do plan sectorial eliminando a franxa de solo urbano afectado e que non afectase ás hortas das vivendas habitadas hoxe en día ou senón que se buscase unha nova ubicación. E no 2º punto pretendían que a Consellería de Vivenda adquirise esas vivendas baleiras rematadas ou non que hai no noso concello… Desde logo que para o BNG nin para ningún outro grupo este segundo punto era asumible”. Antonio Veiga engade que “chegamos ao acordó unánime para solicitar eses cambios na delimitación do terreo no que se levará adiante ese plan sectorial de solo residencial”.
¿A qué xoga o alcalde?
Veiga Outeiro considera que “o que non se pode permitir Barreiros é que estes 5 millóns de euros se vaian para outro concello. Dubidamos moito da actitude seria do alcalde, non só polo que aconteceu no pleno, senón polo ocorrido días antes. É curioso que a proposta de ubicación dese plan sectorial fíxoa Alfonso Fuente Parga hai uns meses e agora cambia de opinión e xa non lle serve. Non sabemos moi ben a que xoga o alcalde, entendemos que por un lado xoga a confundir aos veciños, xoga a enfrontarse coa Consellería de Vivenda e mentras tanto está xogando coa posibilidade de que Barreiros poida perder unha inversión de 5 millóns de euros para facer 156 vivendas perfectamente ordeanadas, con todos os servizos e con todas as comodidades. Dubidamos moito que esa proposta que facía Alfonso Fuente Parga de adquirir vivendas aos promotores, dubidamos moito que reunirán as mesmas condicións de habitabilidade e benestar que terán estas feitas con este plan”.
O voceiro do BNG en Barreiros recrimínalle ao alcalde “esa actitude tibia e morna de andar de un lado para o outro tentando contentar a todos. Cando che poñen diante unha oportunidade de facer unha inversión de 5 millóns de euros no concello, o primeiro que hai que dicir é que sí, e hai que xogar serio, xogar forte e xogar a unha soa carta porque o demáis é facer trampa”.























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



