BURELA .- O goberno do concello de Burela, formado por PSOE en BNG, rexeitou as propostas do PP sobre a zona de Foxo e aprobou en solitario os orzamentos municipais para o ano 2009. O alcalde, Alfredo Llano asegurou que “o Concello está por apoiar os veciños tanto os que están a favor coma os que están en contra”. Os acordos acadáronse o longo de dous plenos que se celebraron na mañá do martes.
Notas de Prensa
O CONCELLO PRESENTOU ALEGACIÓNS Ó PLAN SECTORIAL DA XUNTA PEDINDO QUE NON SE VEXA AFECTADO O FUTURO PLAN XERAL NA ZONA DE FOXO.
Burela, 30 de decembro de 2008. No pleno extraordinario celebrado no Concello de Burela a petición do PP foron rexeitadas as propostas plantexadas por esta formación sobre o plan sectorial de vivenda da Xunta. Os populares propoñían a súa eliminación nos términos no que foi presentado e a búsqueda de novas zonas para a creación de vivenda en Burela. Para o alcalde, Alfredo Llano “o que queda claro despois deste pleno é que o Concello está por apoiar ós veciños tanto ós que están a favor coma ós que están en contra”.
O rexedor asegura que “nós presentamos informes técnicos e alegacións diante da Consellería de Vivenda para que nos teña en conta algo que é moi importante, que non se vexa afectado a futuro plan xeral nesa zona de Foxo e que polo tanto se teñan en conta as nosas alegacións para que todo o mundo saia beneficiado. O que agardamos agora é que a Consellería nos conteste e si se teñen en conta as alegacións o plan sectorial será suficientemente aberto como para conformar a todas as partes”.
Alfredo Llano engade que “de todas maneiras estamos dispostos a seguir colaborando cos veciños neste aspecto. Estamos aquí para recibilos, estamos aquí para comunicarlles todo o que vaiamos sabendo, faremos máis reunións como é lóxico, unha vez que se contesten as alegacións. Queremos facer unha chamada á calma. Os cidadáns deben estar tranquilos porque non se verán desamparados pola nosa parte”.
O alcalde burelés sinala que “o pleno desenvolvéuse ben, faláronse as cousas como se tiñan que falar e a xente saiu convencida de que o Concello está pola labor de non deixalos desinformados senón todo o contrario. Estaremos con eles en todos os aspectos que faga falta”.
COS VOTOS A FAVOR DO EQUIPO DE GOBERNO QUEDARON APROBADOS DE XEITO INICIAL OS ORZAMENTOS DE 2009 DO CONCELLO DE BURELA.
Burela, 30 de decembro de 2008. Cos votos a favor do equipo de goberno e os votos en contra do PP este mediodía quedaron aprobados de xeito inicial os orzamentos de Burela para o 2009 que ascenden a 6.700.000 euros. O alcalde, Alfredo Llano, lembra que “se reduciron nun 18% si os comparamos cos do presente ano, pero esa baixada non se notará na vida normal do Concello. Hai que recordar que recaudaremos menos a través dos impostos directos porque algunhas taxas se conxelaron e outras se baixaron como é o caso do IBI, foron medidas que adoptamos para non forzar en exceso a economía dos nosos veciños”.
O rexedor engade que “Burela vai invertir moito este ano porque vai recibir moitas axudas do goberno estatal e das consellerías da Xunta de Galicia. Estes investimentos non defraudarán a ninguén nin se notará esa baixada da que falaba antes”. Llano insiste en que “se manterán ou se incrementarán as axudas sociais ós que máis o necesitan en Burela”.
O alcalde considera que “son uns presupostos realistas e axeitados ás circunstancias económicas e sociais actuais”
























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



