RIBADEO .- O Concello de Ribadeo recibiu dúas partidas económicas que suman 268.000 euros e que destiñará ao arranxo de camiños e pistas rurais. O alcalde, Fernando Suárez, di que “somos conscientes de que por mor destas últimas chuvias e por mor da degradación que de maneira ordinaria se vai producindo nos camiños rurais, hai unha serie de deficiencias en moitas parroquias, non están concentradas nunha ou dúas senón en moitas delas. Pero a corto prazo váise dar un impulso moi importante, que se vai sumar a estas obras que xa anunciamos hai poucas semanas, do remate da carretera do monte en aglomerado asfáltico na parroquia da Devesa e nalgunhas vías máis, tanto no Barral como en Vilaousende, que a empresa Tragsa está executando nestes momentos”.
O rexedor sinala que “a todo isto vanse engadir outras melloras agora, nos próximos días, e de feito os contratistas destas obras xa contactaron conmigo para dicirme que a partir de agora van empezar a efectuar os traballos previos de motoniveladora para preparar os camiños nos que se vai actuar. Serán duas actuacións: por unha banda o Plan de Obras e Servizos (POS), que levamos entre o Estado, a Deputación e o Concello, que está adxudicado a Construccións O Chispa, daquí, de Ribadeo; e por outra banda un plan moi ambicioso por parte da Consellería de Medio Rural, que financia o cento por cento duns 200.000 euros, tamén en varias parroquias, en pistas que tiveron vinculación con concentracións parcelarias, vamos actuar nun número moi importante de camiños e nun número moi importante de parroquias. Con esto non se vai resolver o problema que sempre pode existir coa degradación de camiños, pero si se vai actuar nunha chea deles”.
Suárez Barcia explica que “no Plan de Obras e Servizos (POS), que ascende a uns 68.000 euros, vaise actuar en camiños tan importantes como, por exemplo, nun que vai desde a carretera que sube a Noceda ata o límite con Barreiros, que hai poucos meses houbo que desbrozar e había árbores no medio do camiño que tivemos que cortar con motoserra (é unha circunstancia que non ven de agora mesmo, senón que ven de vello, e que agora por fin se vai asfaltar todo este camiño ata o límite co concello de Barreiros). Tamén en Santalla, en Vilaframil, en Arante, en Cedofeita e en Cubelas, dentro deste POS por importe de 68.000 euros”.
O alcalde engade que “no outro plan, grazas á colaboración da Consellería de Medio Rural con Ribadeo, prácticamente 197.000 euros van ir destiñados ao amaño de varias pistas en Remourelle, en Vilaframil, en Rinlo, en Cedofeita, en Piñeiro, en Cubelas, nas Anzas, en Piñeira e tamén en Ove. Con estas obras, que adxudica directamente a Conselleria de Medio Rural, agardamos que queden paliadas todas as deficiencias que está habendo. Ademais, a corto prazo deberán ser reforzadas estas inversións con este plan que estamos redactando agora de común acordo cos demais grupos da Corporación no que ten ver cos fondos estatais, no que unha parte do que destinamos ao medio rural sexa para melloras de camiños”.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



