RIBADEO (FNC) .- A xunta de goberno aprobou o proxecto de construción dunha rotonda no acceso urbano a Ribadeo que terá 36 metros de diámetro e que suporá un custe de 116.000 euros. Segundo os prazos previstos será unha realidade no prazo de tres meses. O alcalde, Fernando Suárez, dixo en rolda de prensa que “presentamos hoxe un acordo aprobado pola xunta de goberno. Trátase do proxecto de construción dunha nova rotonda no acceso urbano a Ribadeo á altura de onde se foron configurando nos últimos anos unha serie de establecementos comerciais coma o Eroski e onde en breve abre o Lidl”.
O rexedor engadiu que “a súa construción se fai necesaria tendo en conta que o tráfico se vai incrementar e que hai unha serie de viais, agora municipais todos eles dado que esa estrada nacional foi transferida ao Concello hai tempo e que agora a responsabilidade e a competencia é municipal. Tendo en conta que cando era de Fomento este poñía reticencias a que o LIDL puidera incorporar tráficos directamente á estrada xeral e con ese mesmo argumento nosoutros tamén puxemos condicionantes e buscamos solucións que garantiran a seguridade do tráfico, a seguridade dos vehículos, as incorporacións con seguridade á vía pública tanto a esa superficie comercial como a todos os demais viais que estaban confluíndo a un punto que non estaba regulado cunha rotonda”.
Lista en tres meses
Fernando Suárez dixo que se tiveron en conta as opinión dos técnicos municipais que “nos recomendaron que a mellor solución para unir os seis viais, os seis accesos que conflúen nese punto debería ser a través dunha rotonda, e por eso desde o Concello se lle ordenou a Lidl construír unha rotonda ao seu cargo e transferila despois á titularidade do Concello de Ribadeo. Onte aprobamos ese proxecto de construción da rotonda que ten un custe de 116.000 euros que ten que abonar integramente esta empresa. Terá 36 metros de diámetro e poderá dar fluidez ao tráfico de acceso a todo ese entorno comercial para o presente e para o futuro, dado que para o futuro próximo si todo vai ben e o plan se aproba varios deses viales se prevé que sexan ampliados”.
O alcalde considera que se trata “dunha previsión de futuro de regularizar os tráficos, impedir xiros bruscos que poden dar lugar a accidentes e ao mesmo tempo ordenar moito mellor o tráfico. A xunta de goberno lle outorgou uns tres meses de prazo como máximo para facer esta rotonda dado que se ten que facer sin cortar a circulación en ningún momento, de aí que se teña que executar en varias fases como así o recolle a redacción do proxecto que xa contempla como se fará a obra para que non se resinta o tráfico de acceso a Ribadeo por esa zona”.
























Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.



