RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo en colaboración coa Delegación da Axencia Tributaria de Lugo abre unha nova convocatoria para a realización da declaración da renda. O prazo para solic... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, suliña que as facturas para xustificar unha subvención do núcleo de sostibilidade de 2008 foron aprobadas e pagadas sen informes negat... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, agarda que antes de finais de ano estean listos e limpos os viais de acceso ao Camiño de Santiago en Ove e en Covelas. O rexedor asegu... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O Clube Náutico de Ribadeo recibirá ó longo do día de hoxe ós primeiros clasificados da primeira etapa da XII Regata Transgascogne 6.50 (Bourgenay-Ribadeo). Os regatistas co... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- A xunta de goberno aprobou o proxecto de construción dunha rotonda no acceso urbano a Ribadeo que terá 36 metros de diámetro e que suporá un custe de 116.000 euros. Segundo... Ler máis
A xunta de Portavoces do concello de Ribadeo reúnese o venres para analizar a proposta presentada por el PP para reclamar o Ministerio de Fomento que constrúa un novo acceso ó casco urbano r... Ler máis
RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, realizou este mediodía á tradicional ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo. Trátase dun acto que se ven realizando desde o ano 1938 e no... Ler máis

















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



