Os populares lamentan que as sucesivas reparacións pola “mala planificación” do goberno local danan gravemente a imaxe turística da vila, polo que esixen unha solución definitiva para evitar “estar constantemente en obras”
Vilalba, 16 de xuño de 2026. O PP de Vilalba denunciou que os novos traballos de reparación e arranxo na rúa da Pravia, un corte que volve poñer en xaque a mobilidade na vila, supoñen un novo golpe para o tecido comercial local por mor da “mala execución dun proxecto que naceu torcido dende o principio”.
Dende o PP vilalbés lembran que esta obra foi froito “do capricho socialista”, priorizando a improvisación antes que a planificación técnica e o benestar dos veciños.
“O resultado está á vista de todos: un goteo constante de parches, valados e cortes na rúa que dificultan o día a día do comercio, dos peóns e do tráfico rodado”, denunciaron.
Os populares sinalan que o verdadeiro prexuízo é o “custo que asumen os vilalbeses”. “Non se trata dun problema illado, senón dunha chapuza cronificada. Ou se lle dá unha solución definitiva, o cal é moi complicado pola nefasta execución inicial, ou os veciños e comerciantes imos ter que soportar estes parches ano si e ano tamén”, alertaron.
Dende o PP de Vilalba insisten en que estas continuas obras na rúa da Pravia deterioran gravemente a imaxe de Vilalba ao provocar un dano ao comercio local por mor das restricións e a incomodidade na mobilidade; danan a imaxe turística e provocan unha parálise que afecta a rutina diaria dos vilalbeses.
Os populares esixen ao goberno local que asuma responsabilidades e que busque alternativas técnicas para acadar unha solución definitiva. “Vilalba non pode converterse nunha obra perpetua nin os nosos comerciantes poden seguir pagando as consecuencias das présas e a soberbia dun goberno que prefire o parche permanente antes que a xestión eficiente”, sinalaron.
Ademais, dende o PP de Vilalba alertan de que cando remate o período de garantía e dada a mala planificación da obra, “seremos os vilalbeses os que comecemos a pagar con fondos propios o custe de todos os amaños e parches” dunha obra que se realizou “co único fin de cumprir o capricho socialista e non unha obra que non solicitaron os vilalbeses”.
























Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



