RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, suliña que as facturas para xustificar unha subvención do núcleo de sostibilidade de 2008 foron aprobadas e pagadas sen informes negativos da Intervención Municipal. O rexedor asegura que o Concello debeu xustificar en tres días un total de 28.000 euros que ademais a Consellería de Medio Ambiente, dirixida polo socialista Pachi Vázquez, lle esixiu que tiña que pagar para poder recibir dita partida.
Suárez Barcia sae ao paso “das críticas que están a verter os portavoces do PSOE de Ribadeo de maneira inxustificada e só cunha intención absolutamente maniquea e manipuladora dunha inversión moi importante para Ribadeo como é o núcleo de sostibilidade, que este Concello e este goberno tivo a fortuna de conseguir. Fomos un dos poucos concellos galegos en que por parte da Consellería de Medio Ambiente, dirixida por alguén da súa mesma cor política, se nos concedeu unha inversión duns 200.000 euros a realizar en tres anualidades: 2008, 2009 e 2010. O único compromiso por parte do Concello era e é a contratación dun técnico en materia de sostibilidade ambiental”.
O rexedor explica que “no ano 2008 a comunicación da concesión da subvención por parte da Consellería de Medio Ambiente, presidida polo hoxe líder dos socialistas galegos o señor Pachi Vázquez, lle foi realizada ao Concello de Ribadeo o 12 de decembro para ter que xustificar toda esa inversión duns 28.000 euros en dous ou tres días, unha cousa para a que contábamos con pouco tempo. A raíz de aí ábresenos unha disxuntiva, ou ben renunciar á subvención ou facer o posible para que Ribadeo non perdese todos eses cartos moi importantes para cuestións coma os paneis solares que se están a poñer na piscina municipal climatizada de Ribadeo, as cuestións dos novos sistemas de xestión ambiental do auditorio da Casa da Ría, os economizadores de auga para o grifo que se van repartir dentro de pouco, a elaboración dun plan de mobilidade urbana sostible, a limpeza de lixo no monte de Santa Cruz, guías de boas prácticas ambientais nos colexios, etc, etc… actividades que teñen que ser desenvoltas ao longo destes tres anos”.
Fernando Suárez segue a relatar que “como digo, no seu momento no 2008 temos que investir un diñeiro e dannos desde a propia Xunta dous días escasos para poder xustificar todo esto. Como hai moi pouco prazo de xustificación e non daba tempo, acordamos Horacio Cupeiro, o alcalde e a Consellería de Medio Ambiente, a adecuación do proxecto para poder cumprir a finalidade desta subvención. A actuación foi admitida pola Consellería, porque boa proba delo é que aprobaron a subvención para esa anualidade e o núcleo de sostibilidade vai para adiante. Mellor proba de conformidade que esa creo que non a pode haber”.
Procedemento legal
O rexedor ribadense engade que “por outra banda, por esas dúbidas que de maneira torticeira queren que planee sobre a xestión deste Concello, debemos dicir que todas as facturas que entraron para xustificar esa subvención se aprobaron polo procedemento legal, sin que conste ningún informe negativo dos ordinarios que ten que facer a Intervención Municipal con todas as facturas que entran no Concello, e desas particularmente non consta ningún informe negativo. Todas estas facturas son de contrato menor, polo tanto está dentro das atribucións da alcaldía a facultade de aprobalas”.
Suárez Barcia confirma que “pagáronse tres días despois efectivamente rompéndose a prelación de pagos efectivamente. Eles din que pagamos antes que a outra xente á que se lle debe, non se respetou a prelación na orde dos pagos porque legalmente nos ordean que os temos que pagar si queremos cobrar a subvención. Sería paradóxico que senón presentamos estas facturas perdemos a subvención e o núcleo de sostibilidade, e si presentásemos as facturas sen pagar tamén perderíamos eses cartos e por riba aínda nos quedaríamos cun gasto que teríamos que asumir de fondos propios”.
O alcalde lamenta “estas manifestacións dos portavoces do PSOE de Ribadeo e lamento profundamente que cuestionen actitudes que proveñen dunha Consellería de Medio Ambiente que os seus compañeiros da mesma cor política levaban. Todo o que fixemos foi coordinado cos técnicos desa consellería, está todo ben, tanto por parte da consellería como por parte dos técnicos da Intervención do Concello de Ribadeo. Esto é o colmo, si perdésemos a subvención por non xustificar eso a tempo seríamos criticados por perdela e non ser bos xestores. Si forzamos e xustificamos en tempo record con todos os informes favorables de legalidade tamén é malo porque rompemos a prelación e lles pagamos antes que a outros provedores. Definitivamente esta xente máis que botarnos terra por riba, creo que pouco máis lle están facendo ao Concello de Ribadeo para ben”.

























Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.



