RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo en colaboración coa Delegación da Axencia Tributaria de Lugo abre unha nova convocatoria para a realización da declaración da renda. O prazo para solicitar cita previa ábrese o vindeiro luns.
Segundo explica o alcalde, Fernando Suárez, “con esta iniciativa os veciños e veciñas poderán realizar os trámites oportunos desde as instalacións do Concello de Ribadeo sen ter que desplazarse ás respectivas Delegacións de Facenda e dun xeito gratuito. O noso obxectivo con esta campaña é achegar os servicios públicos e facilitar a súa tramitación á cidadanía, á cal nos debemos en todo o traballo que estamos a facer aquí en Ribadeo”.
A campaña da renda terá unha duración aproximada de dous meses, maio e xuño e o prazo de solicitude de cita previa comenza en Ribadeo o vindeiro luns 19 de abril. O rexedor di que “a nosa prioridade nesta campaña coma sempre, é a calidade do servizo que quedará asegurada por un técnico facultado de Axencia Tributaria que se achegará ás instalacións do Concello en horarios de mañá e tarde de cara a adaptarse aos horarios laborais e ás necesidades de cada usuario”.
Todos aqueles que desexen facer uso deste servicio deberán pedir cita previa no Concello, ben presencialmente ou ben telefónicamente, comunicando o seu N.I.F e o teléfono de cara a axilizar os trámite e solucionar posibles incidencias no servizo.