O apagamento dixital no 2026 “é especialmente grave” á vista de que “non faltan fondos, faltan resultados” porque “o Estado nunca tivo tantos fondos europeos; pero fallou a planificación, execución e xestión do Goberno”
Madrid, 16 de xuño de 2026. O Grupo Popular saca adiante (cos votos a favor do PP e do BNG e a abstención do PSOE) unha iniciativa para instar ao Goberno de Sánchez dende o Senado a avaliar con rigor e transparencia o programa Único para saber o impacto real das políticas de conectividade no rural, redeseñalas, mellorar a coordinar entre as administracións, impulsar un plan específico para os núcleos máis illados, recoñecer como servizo universal a telefonía móbil e de datos e, sobre todo, garantir o acceso á telefonía móbil e a fibra óptica na totalidade da provincia “para que ningún veciño desconectado simplemente por vivir onde vive”.
O senador lucense, José Manuel Balseiro reivindicou durante a súa intervención na Comisión de Transformación Dixital que “Lugo quere e necesita fibra, cobertura e futuro”. E incidiu en que “o Goberno de Sánchez estea condenando ao rural a quedarse atrás” porque “sen conectividade non hai igualdade de oportunidades” e “isto ten consecuencias económicas, sociais e demográficas”.
Balseiro explica que moitas zonas rurais de España, e de forma especial da provincia de Lugo, seguen sufrindo un auténtico apagamento dixital en pleno 2026: sen fibra óptica, con cobertura deficiente, sen acceso estable a internet e telefonía móbil. “Porque fallou a planificación, a execución e a xestión do Goberno” que é a administración responsable.
Esta situación “é especialmente grave” tendo en conta que “non falamos de falta de recursos” porque “o Estado nunca dispuxo de tantos fondos europeos para dixitalización e conectividade. Nunca se anunciaron tantos millóns e tantos plans, pero nunca foi tan evidente tamén a distancia entre a propagando do Goberno de Sánchez e a vida real de miles de fogares”.
O popular explicou que “o 5G non chega ás portas das aldeas, quédase en titulares de prensa. Estudar e teletraballar, emprender ou simplemente realizar trámites básicos dende o rural convértese nunha estrada de obstáculos”.
O chamado Programa ÚNICO, que debería pechar a fenda dixital, acabou sendo un fracaso do Goberno de Sánchez en materia de conectividade: fondos sen executar, operadores que entraron en concurso de acredores, falta de información aos veciños, ausencia de coordinación e miles de territorios que seguen “en sombra”.
“Non faltan fondos, faltan resultados. E o peor é compracencia” porque “o Goberno actúa como se o problema non existira, mentres familias, autónomos, explotacións agrarias e pequenas empresas continúan desconectadas”. Nese sentido, Balseiro compartiu as reivindicacións de quen quere vivir e traballar no rural con igualdade de oportunidades.
EXEMPLOS CONCRETOS
O senador popular puxo no Senado exemplos concretos das deficiencias na provincia en relación ao 5G -con tres concellos con 0% de cobertura como son Muras, Negueira de Muñiz e Folgoso do Courel- e a Internet en distintas zonas da provincia.
Balseiro advertiu de problemas de cobertura móbil en zonas de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín e Outeiro de Rei e, ás veces, tamén de Internet ou falta de acceso á banda ancha. A Montaña lucense volver ser a principal damnificada con cinco municipios con problemas: Becerreá, Baralla, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna e A Fonsagrada. Tamén na zona sur hai municipios sinalados como A Pobra do Brollón ou Chantada, na Terra Chá hai deficiencias en Begonte, Cospeito, Ribeira de Piquín e Guitiriz e na Mariña os veciños piden melloras en Alfoz, O Valadouro, Cervo, A Pontenova, O Vicedo, Trabada e Ourol.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



