A formación lembra que a Deputación achega máis do 61% do investimento das obras das Gulpilleiras, incluídas no Plan Único
Xove, 16 de xuño de 2026. O Grupo Municipal Socialista de Xove puxo en valor o traballo da Deputación de Lugo no municipio, especialmente no mantemento das estradas provinciais, os traballos de desbroce e limpeza e as obras de mellora previstas para os vindeiros meses.
As e os socialistas destacaron que a institución provincial iniciou hai uns días os labores de desbroce e limpeza das beirarrúas nas estradas provinciais ao seu paso polo concello, uns traballos necesarios para mellorar a seguridade viaria, a conservación das vías e a imaxe do municipio de cara á época estival.
A formación tamén puxo en valor as obras de mellora das Gulpilleiras, na parroquia da Rigueira, unha actuación incluída no Plan Único que conta cun orzamento total de 332.887 euros e no que a Deputación de Lugo achega 206.378,23 euros, máis do 61% do investimento.
“Estes datos desmontan o discurso de Demetrio Salgueiro cando afirma que a Deputación marxina a Xove. A realidade é que a Deputación inviste, colabora e cumpre co municipio, fronte a unha Xunta de Galicia do PP, que nin está nin se lle espera, e que mantén proxectos históricos sen resolver no noso concello”, critican.
O PSdeG de Xove lembrou tamén que nos próximos días está previsto o inicio das obras de aglomerado nas estradas incluídas no convenio asinado entre a Deputación e o Concello de Xove, cun investimento total previsto de 1.630.000 euros ata o ano 2028. Segundo explican, trátase dunha actuación necesaria para mellorar vías que presentan un importante deterioro tras anos de “absoluta deixadez” por parte do Goberno local do Partido Popular. A agrupación socialista salienta que para este ano está previsto actuar nas estradas Xove-Gulpilleiras, A Tronca ao Tarolo pasando por Regosanguento e Xove-Morás.
“As obras e os investimentos da Deputación de Lugo demostran que o municipio precisa colaboración institucional, xestión e compromiso. Fronte á propaganda e ás escusas do Partido Popular, o Goberno provincial socialista responde con feitos, melloras reais e investimentos que benefician directamente á veciñanza de Xove”, concluíron.

























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



