Ribadeo, 16 de xuño de 2026. Ribadeo rescindirá hoxe o contrato coa empresa Naray, a encargada de realizar as obras de reforma do Hospital Asilo, que entrou en concurso de acredores. Será no pleno extraordinario convocado para este martes.
O alcalde, Dani Vega, indicou que “despois destes meses que tivemos que tomar decisións, xa que a Construtora Naray presentara o concurso de acredores, que nos afecta a este Concello e tamén a varios da contorna, evidentemente tivemos que facer unha revisión de todos os traballos que realizaron na residencia Hospital Asilo. Toda unha certificación, toda unha verificación sobre se estaba todo perfecto”.
O rexedor dixo: “entendemos que non cumpriron, ademais de presentar o concurso de acredores, non cumpriron con este Concello, neste pleno de hoxe vamos presentar toda a documentación e a maiores rescindir o contrato con esta empresa. É difícil porque son tramitacións administrativas, burocracia, pero estes pasos son moi importantes para poder seguir traballando. E neste caso xa vamos licitar o 13 % e tamén licitar a lavandería, a cociña, ambos espazos. A primeira decisión é rescindir o contrato e despois reclamarlle á construtora todos os danos que nos causou e os incumprimentos que tivo co Concello. Tamén vai ser unha tramitación difícil. Aquí conxúgase unha tramitación administrativa xurídica, pero é fundamental ter claro os pasos, a parte técnica, tanto de secretaria como de intervención, como todos os técnicos que estiveron traballando na residencia temos que facer as cousas correctamente”.
Vega subliñou: “na parte da xestión os recursos para licitar a lavandería e a cociña xa os temos, son 360.000 euros, que nos aporta a Xunta de Galicia e en breve licitaremos o 13%. Queda pouco por facer, pero esta parte é fundamental porque dado que en novembro ou principios de decembro paran de realizar a obra ata o de agora hai un incremento dos custes. Desgraciadamente, iso repercute negativamente para o Concello e agora temos que buscar ese orzamento necesario para acabar esta obra. Unha obra que se complicou na última parte, unha obra que evidentemente non cumpriu a empresa construtora co Concello, e nosoutros o que fixemos sempre foi protexer a institución, facer as cousas xurídica e administrativamente correctas e reclamar agora todos os incumprimentos que tivo a empresa construtora co este Concello”.
E engadiu: “eu quero resaltar o traballo que fixeron os técnicos, tanto os técnicos que traballaron na obra como os técnicos tanto de secretaria como de intervención, porque fixeron un traballo que outros Concellos seguen pelexando para resolver este problema. Non todo sae ben, non todo é responsabilidade municipal, hai cousas que evidentemente, como neste caso, repercútenos a nós e temos que solucionalo. Neste pleno vamos aprobar rescindir o contrato coa empresa Naray”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



