No pasado Pleno de Viveiro, o BNG presentou unha moción defendendo a variante integrada na VAC, tal e como levamos reivindicando dende hai máis de 25 anos. Tal vez non somos conscientes do significativo desta moción pois, grazas ao PP e Por Viveiro, é a primeira vez en 25 anos que o Pleno de Viveiro rexeita a defensa da VAC Costa Norte como chave para o desenvolvemento do noso Concello. Tal vez, Mariña e Bernardo son uns visionarios, e son capaces de ver algo que 2 Plans Estratéxicos de Estradas, 5 presidentes da Xunta, 6 conselleiros de infraestruturas e 3 alcaldes distintos non lograron ver: Viveiro debe renunciar á VAC. Tal vez, PP e Por Viveiro tacharon de parvos á inmensa maioría da veciñanza de Viveiro, pois non fomos capaces de entender en máis de dúas décadas que non precisamos infraestruturas do século XXI para avanzar, e pensamos que é fundamental un corredor entre Barreiros e Ferrol, cun trazado moderno, seguro e áxil e con posibilidade de desdobramento futuro. E agora, resulta que a variante-corredoira é a solución.
Pero eu opóñome a este negacionismo, á falta de ambición e á tristura dos que dín non á VAC. Viveiro non pode seguir quedando atrás vendo como a industria, o comercio e o turismo miran cada vez máis cara vilas ben comunicadas, nas que podes chegar por autovía cómodamente ata un enlace urbano. A VAC Costa Norte é unha alternativa para conectar o Cantábrico e o Atlántico e aproveitar as sinerxias do desenvolvemento industrial da nosa contorna. Unha vía que mellore a vida da veciñanza, que poderán cómodamente pasar a o día a Ortigueira, a Foz ou a Ferrol, e viceversa. E este sentir, é o que en Viveiro (e os que visitan Viveiro) levamos tendo durante 25 anos.
E agora a Xunta de Rueda anuncia o que xa estaba feito durante o bipartito, pero sobreescrito en versión cutre, nun intento desesperado de finxir un interese que non houbo en 20 anos. Pura estratexia que non oculta décadas dun desprezo insultante. Ao igual que as supostas “alegacións” do PP e Por Viveiro, que non son outra cousa que unha corrección de erros que non melloran nada: o terceiro carril é imprescindible coas pendentes anunciadas; o enlace nos Xulgados é sinxelamente imposible de facer e os “novos” viaductos son sobre regatos que “esqueceron” no proxecto.
No BNG témolo claro: SI á VAC. Con vontade política, os prazo para a licitación serían incluso menores que esta vía de baixas prestacións. E hai que pelexala entre todas e todos os que pensan que Viveiro merece máis, sexan das siglas que sexan, pois non haberá outra oportunidade.
Severino Salgueiro Rodríguez.
Concelleiro do BNG en Viveiro. Enxeñeiro de Camiños

















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



