NOTA DE PRENSA
A diferenza do que acontecía na época de xestión do bipartito, hoxe o IGAPE ofrece unha liña de axudas ás empresas que non require da presentación de avais adicionais para que estas poidan dispoñer de novas liñas de crédito
BALSEIRO LÉMBRALLE AO BNG QUE AS SÚAS PROPOSTAS PARA SOLUCIONAR A CRISE NON VALEN TAL E COMO QUEDOU DEMOSTRADO CO FRACASO NAS FURNAS DO GOBERNO BIPARTITO
• O novo Goberno de Galicia puxo en marcha nos cen primeiros días de xestión un plan de choque contra a crise, para o que destina 1.300 millóns de euros e que ten un triplo obxectivo: loitar contra o desemprego, impulsar a economía produtiva, apoiar ás familias e achegar liquidez ás empresas”.
• O Plan de Emprego Municipal impulsado por Feijóo permitirá a contratación nos distintos concellos da Mariña de persoas desempregadas que esgotaron a súa prestación
A Mariña, 11 de xuño de 2009.- O deputado do Partido Popular de Galicia Jose Manuel Balseiro Orol vén de saír ao paso das críticas efectuadas polos responsables comarcais do Bloque Nacionalista Galego en relación coas xestións do actual Executivo autonómico dirixidas a paliar as consecuencias da crise económica que vimos padecendo. Balseiro lémbralle aos nacionalistas que son a formación política menos lexitimada para dar leccións sobre esta cuestión xa que os galegos censuraron co seu voto o proceder da Xunta bipartita, da que eles formaban parte. De xeito especial, o anterior Goberno galego estivo desaparecido cando se trataba de apoiar ás pequenas e medianas empresas, comerciantes ou autónomos, ou cando se trataba de poñer en práctica medidas para frear a destrucción de emprego. Ámbitos nos que consellerías como a de Industria e Turismo, xestionadas polo BNG, tiñan moito que facer e non fixeron nada.
En contraposición con esta cuestión, o deputado popular salienta o plan de choque contra a crise aprobado no día de onte polo Consello da Xunta. O Goberno de Alberto Núñez Feijóo destina 1.300 millóns de euros para loitar contra a crise e dimanizar a economía galega e o fai con medidas que se desenvolven en tres ámbitos distintos: a creación de novos postos de traballo (Plan de Emprego Municipal), impulsar a economía produtiva e apoiar ás familias (Novos fondos para Lei de dependencia e redución de impostos) e achegar liquidez ás empresas (novas axudas do IGAPE). En definitiva, unha sucesión interminable de medidas fronte a inactividade que caracterizou o período anterior.
PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL
A primeira das medidas de fomento do emprego, que puxo en marcha a Xunta ten por obxecto corrixir a difícil situación pola que pasan aquelas persoas que se atopan en paro e non están a recibir ningún tipo de prestación. Os distintos concellos da Mariña poderán contratalos durante un tempo determinado, para que desenvolvan as súas funcións en ámbitos de interese municipal, como a protección civil, cultura e deporte ou servizos relacionados coas novas tecnoloxías. En todo caso, a nova Xunta trata de garantir unha serie de ingresos mínimos a estes desempregados e impulsar a realización de actividades de interese xeral.
PAGOS DA LEI DE DEPENDENCIA E REDUCIÓN DE IMPOSTOS
Balseiro tamén remarcou a importancia dos fondos destinados ao apoio ás familias e o fomento das políticas de benestar. A Xunta reorientará as prioridades de gasto para achegar recursos adicionais como son a cobertura das pagas do coidador establecidas pola Lei da dependencia ou as axudas que lles correspondentes aos dependentes. Neste capítulo está recollida tamén a medida xa adoptada de reducir os impostos de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados para a adquisición de vivendas, a menores de 36 anos e a familias numerosas, o que supón unha inxección directa de 7 millóns de euros.
IGAPE CONTRA A RESTRICIÓN DO CRÉDITO
Por outra banda salientou as políticas da nova Xunta dirixidas a facer do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) unha ferramenta ideal para facilitar o crédito ás pequenas e medianas empresas e aos emprendedores. Máis en concreto, salienta a importancia do denominado Plan Re-imaxina que está dirixido a este colectivo empresarial que xera máis do 80% dos empregos en Galicia. A Xunta promove unha serie de convenios cos bancos e caixas que facilitarán a obtención de créditos avalados, sen que as entidades bancarias poidan esixir garantías adicionais, tal e como viñan facendo ata o momento. En definitiva, o plan vén a loitar contra os atrancos que estaban a poñer as entidades financieras á hora de outorgar préstamos ou liñas de crédito. A través desta fórmula da que están a informar a través de charlas ou nas Oficinas de Desenvolvemento Local dos distintos concellos da Mariña, o novo Goberno de Galicia pretende inxectar cartos destinados ao investimento, ao mantemento da actividade empresarial e á xeración ou consolidación de emprego de calidade.
ACCIÓN “VS” INACTIVIDADE
En definitiva, 1.300 millóns de euros que non van solucionar a crise, pero que si son unha ferramenta para loitar contra a crise, segundo afirma o deputado popular, que remarca tamén o contraste coa inactividade do Goberno de PSOE e BNG. Socialistas e nacionalistas permaneceron de brazos cruzados ante unha situación grave, que incluso quixeron negar, a súa xestión tan só daba como resultado máis de paro, e máis desmoronamento da economía.
















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



