LUGO .- O presidente da deputación,José Ramón Gómez Besteiro, mantivo unha xornada de traballo con alcaldes asturianos dos concellos pertencentes á Reserva da Biosfera Oscos-Eo-Terras de Burón. Na xuntanza analizouse a xestión deste espazo natural e expuxéronse os programas medioambientais do organismo provincial destinados a potenciar a riqueza medioambiental da provincia: Lug02 e Km0.
NOTA DE PRENSA
Gómez Besteiro compromete o apoio da Deputación na xestión de Terras de Burón
– O titular provincial mantivo unha xornada de traballo cos rexedores de catro Concellos asturianos, incluídos na zona Eo-Oscos-Terras de Burón, na que se explicaron os programas Lug02 e Km0
– Os proxectos medioambientais da Deputación, destinados a potenciar as Reservas da provincia e a converter o medio ambiente nunha oportunidade económica, despertaron grande interese entre os asistentes á xuntanza
– Esta é a segunda visita, despois da do encargado de desenvolver o proxecto da Fundación Al Gore en España, Juan Verde, que respalda a xestión mediambiental da Deputación
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, compartiu este martes unha xornada de traballo con Alcaldes asturianos dos Concellos pertencentes á Reserva da Biosfera Oscos-Eo-Terras de Burón. Na xuntanza analizouse a xestión deste espazo natural e expuxéronse os programas medioambientais do organismo provincial destinados a potenciar a riqueza medioambiental da provincia: Lug02 e Km0.
Esta é a segunda visita, despois da do asesor de Barack Obama e encargado de desenvolver en España o proxecto da Fundación Al Gore, Juan Verde, que respalda as políticas medioambientais da Deputación. O obxectivo da reunión é mostrar ós Concellos asturianos exemplos de xestión e proxectos desenvolvidos en Terras do Miño e Ancares, así como as iniciativas que o organismo provincial puxo en marcha para impulsar as tres Reservas da Biosfera da provincia e a comarca do Courel, partindo da base de que o medio ambiente tamén é unha oportunidade económica para Lugo. Gómez Besteiro destacou que “fue un orgullo que en la última concurrencia de fondos europeos el MAP nos avalara un proxecto medioambiental como Lug02. Podíamos dedicarlo a hacer carreteras, pero optamos por fondos medioambientales y tecnológicos. En este camino, Lugo y Asturias están condenados a entenderse. Por eso vamos a colaborar con otras Reservas que no gestiona la Diputación como Terras de Burón.”
Os proxectos Lug02 e Km0 despertaron grande interese entre os rexedores asturianos. Neste senso, o titular provincial subliñou que “reinvertimos el dinero. Y es que el medio ambiente no sólo es un punto de unión entre Concellos, sino también entre las dos Comunidades. En este ámbito de generar economía está el futuro de una parte de Lugo sin lugar a dudas”.
O Alcalde de Castropol, José Ángel Pérez García, que actuou como voceiro dos rexedores asistentes, agradeceu o recibimento da Deputación e explicou que os 14 Concellos que integran a Reserva xa teñen constituída unha asociación co obxecto de facer un plan de desenvolvemento para esta comarca e de buscar financiamento externo. Asimesmo, indicou que “esta es una visita de aprendizaje a Terras do MIño, una oportunidad en la que intercambiamos experiencias y procuramos copiar lo que está funcionando bien. Queremos establecer cauces de comunicación y colaboración para poder hablar dentro de unos años de un proyecto común entre las dos Reservas, incluyendo a la Diputación como catalizador y miembro del órgano de gestión de Terras de Burón”.
Na xornada de traballo, ademais o rexedor de Castropol, tamén participaron os de Vegadeo, Juan de la Cruz Antolín Rato; Taramundi, Eduardo Lastra Pérez; e Santa Eulalia de Oscos, Antonio Riveras Díaz, ademais de técnicos municipais destes Concellos.
Recepción Km0 e visita a Terras do Miño
Os rexedores e técnicos dos Concellos asturianos tamén participaron na recepción dun grupo de Km0. O Presidente da Deputación recibiu no Salón de Actos a membros do colectivo “O Cantal de Ribadeo”, que visitou a oleiría de Bonxe e a comarca do Courel, onde coñeceron os castros de Vilar e da Torre, ademais da aldea de Seceda. A continuación, a comitiva asturiana, acompañada de técnicos da Deputación, desprazouse ata a Reserva da Biosfera Terras do Miño, concretamente ó Centro de Interpretación do río Rato, onde asistiron á presentación de proxectos específicos desenvolvidos neste espazo natural como o Programa LIFE. Tamén visitaron a zona da Fervenza.
A reunión de traballo e a visita a Terras do Miño englóbase dentro do proxecto de dinamización da Reserva da Biosfera río Eo-Oscos-Terras de Burón, cofinanciado pola Fundación Biodiversidade.
14 Concellos na Reserva
A Reserva da Biosfera Oscos-Eo- Terras de Burón está integrada por 14 Concellos, 7 deles na provincia de Lugo, que suman un total de 158.883 hectáreas e 32.972 habitantes. A Deputación apoiou esta declaración en setembro de 2007.
Os Concellos que integran este espazo natural son os seguintes: Asturias (Castropol, Vegadeo, Taramundi, San Tirso de Abres, Vilanova de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e San Martín de Oscos), Galicia (Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada, e Negueira de Muñiz). Estes municipios asinaron un convenio co Ministerio de Medio Ambiente para dotar a esta Asociación de fondos propios por valor de 2 millóns de euros. Neste mesma liña, están intentando que as dúas Comunidades contribúan a dotar a asociación de fondos propios, a través dun convenio que sería sufragado ó 50% polo Ministerio e as Comunidades Autónomas con obxecto de mellorar as condicións da Reserva da Biosfera
Alcaldes de Vegadeo, Castropol e San Tirso de Abres, Taramundi e os tres Oscos xa mantiveron outras xuntanzas previas que serviron para poñer en marcha un plan de servizos que contempla actuacións en mellora das infraestruturas (alumeado público, saneamento, e mellora das novas tecnoloxías “que es uno de los grandes acicates y grandes déficits que tenemos en la Reserva).
A intención da asociación é levar a cabo actividades produtivas e innovadoras “que sean un ejemplo y que permitan al sector privado sumarse a ese carro”, apuntou o rexedor de Castropol. Estas liñas de actuación enmarcaríanse nos sectores agrogandeiro, forestal, cinexético e pesqueiro. Asimesmo, agardan completar este proxecto cun inventario de recursos naturais dos 14 municipios. En base este estudo elaborarase un proxecto de desenvolvemento.
























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



