Nota de prensa TRES RESTAURANTES DE SAN MARTÍN Y SANTA EULALIA DE OSCOS OFRECERÁN MENÚS EL PRÓXIMO FIN DE SEMANA EN LOS QUE LA TERNERA ASTURIANA SERÁ LA ESTRELLA. LAS JORNADAS GASTRONÓMICAS... Ler máis
Nota de Prensa SAN TIRSO DE ABRES ACOGERÁ EL PRÓXIMO 17 DE OCTUBRE LOS VI ENCUENTROS DE SENDERISMO QUE ORGANIZA LA MANCOMUNIDAD TURÍSTICA OSCOS-EO. LOS ASISTENTES RECORRERÁN LA RUTA DEL FERR... Ler máis
LUGO .- ADEGA presentará alegacións ao proxecto e Estudo de Impacto Ambiental da solicitude de rehabilitación do dereito de concesión dun aproveitamento hidroeléctrico no río Eo que data do... Ler máis
LUGO .- O presidente da deputación,José Ramón Gómez Besteiro, mantivo unha xornada de traballo con alcaldes asturianos dos concellos pertencentes á Reserva da Biosfera Oscos-Eo-Terras de Bur... Ler máis
Nota de Prensa El Partido Popular considera una promesa electoralista las obras a realizar en el Río Eo en A Pontenova. El PP una vez más vuelve a no salir de su asombro y considera un autén... Ler máis
A MARIÑA .- A Comisión de Coordinación Institucional da Reserva da Biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón comezou hoxe, na súa segunda reunión, a formalizar os órganos de decisión da me... Ler máis
RIBADEO .- O xornalista Javier Rivera Ponte foi nomeado director do semanario La Comarca del Eo, publicación fundada en Ribadeo por Francisco Lanza hai 87 anos. Javier Rivera substitúe no ca... Ler máis





















Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



