LUGO .- ADEGA presentará alegacións ao proxecto e Estudo de Impacto Ambiental da solicitude de rehabilitación do dereito de concesión dun aproveitamento hidroeléctrico no río Eo que data do ano 1922.
Nota de Prensa
ADEGA reclama a caducidade dunha concesión hidroeléctrica de hai 88 anos no río Eo
Concentración de protesta
Lugo, 13 de maio do 2010. ADEGA vai apresentar alegacións ao proxecto e Estudo de Impacto Ambiental da solicitude de rehabilitación do dereito de concesión, autorización e declaración de utilidade pública dun aproveitamento hidroeléctrico no río Eo, cuxa concesión data do ano 1922. A antigüidade da concesión, a falta de xustificación na actualidade, a protección ambiental da zona (Reserva da Biosfera e LIC) e as consecuencias sociais da minicentral son motivos máis que suficientes para que a declaración de impacto ambiental sexa resolta negativa e, ao mesmo tempo, dispóñase a caducidade definitiva da concesión. ADEGA realizará unha charla informativa sobre os potenciais impactos da minicentral e as medidas a tomar este sábado 15 de maio, ás 5 da tarde na escola vella do Chao do Pousadoiro (Ribeira de Piquín). [pdf]
O pasado 17 de abril, a Confederación Hidrográfica do Cantábrico someteu a información pública a solicitude de rehabilitación do dereito de concesión e utilidade pública deste proxecto hidroeléctrico que pretende captar algo máis de 10.000 litros/segundo de auga do río Eo, á altura do concello de Ribeira de Piquín, entre as Insuas e o lugar de Mende, para a produción de enerxía eléctrica e rega. Este proxecto é orixinario dunha concesión de hai 88 anos a favor de D. José Oteiro Pereiro, época na que se iniciaba a expansión da enerxía eléctrica da man de persoas emprendedoras, -nada que ver co actual monopolio as compañías eléctricas-. As obras deste aproveitamento foron iniciadas no seu día, pero non pasaron da construción da presa de captación, da que aínda se conservan restos debaixo da ponte sobre o Eo que une aos concellos de Pol e Meira con Chao de Pousadoiro.
Se naquel momento, cando aínda os pobos de Meira e Ribeira de Piquín non dispoñían de enerxía eléctrica, esta concesión cunha potencia de 3.929 kw podía estar xustificada, hoxe carece de toda lóxica: os nosos ríos están sobreexplotados e Galiza é excedente en enerxía eléctrica, polo que temos pagado xa impactos dabondo. A maiores, este proxecto, ubicado no núcleo mesmo da Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras do Burón”, afecta a un espazo da Rede Natura (LIC Río Eo ES 1120002) con importantes hábitats comunitarios e con toda unha diversidade de especies de flora e fauna que estamos obrigados a conservar polas Directivas europeas.
Se os impactos ambientais son importantes, non o son menos os impactos sociais e económicos. Este proxecto, de levarse a cabo, vai supoñer a derivación de practicamente todo o caudal do río ao longo dun treito de máis de 12 km que deixa sen futuro a toda a riqueza e potencial piscícola do coto de Ribeira de Piquín, con máis de 800 socios. Afectará a 255 parcelas dos veciños e veciñas da zona cunha superficie total de 117.200 m2, e suporá un impacto irreversible sobre patrimonio arqueolóxico de enorme interese, como é o da explotación mineira de orixe romana de Montefurado. Este proxecto tamén será unha das principais causas da degradación dos valores paisaxísticos do río Eo e do seu entorno, impedindo o desenvolvemento de calquera proxecto futuro que poña en valor os recursos paisaxísticos, arqueolóxicos e etnográficos da zona.
Na situación actual, -en coherencia coas recomendacións da Directiva Marco da Auga-, a prioridade de calquera planificación hidrolóxica ten que ser a de recuperar e manter a calidade da auga e dos ecosistemas fluviais, e, polo tanto, non hai lugar a que estes aproveitamentos hidroeléctricos poidan acadar unha declaración de impacto ambiental favorable, nomeadamente, en espazos protexidos e con hábitats e especies prioritarias.
É por todo isto que ADEGA rexeita por completo este aproveitamento hidroeléctrico e solicita, por un lado, que a Secretaría de Estado do Cambio Climático emita unha declaración de impacto ambiental negativa e, por outro, que a Confederación Hidrográfica do Cantábrico resolva a caducidade definitiva da concesión.
APOIO SOCIAL:
ADEGA súmase así á reivindicación dos pescadores e veciños e veciñas de Ribeira de Piquín que o pasado sábado se manifestaban en Chao do Pousadoiro en sinal de rexeitamento ao proxecto e agarda que o Concello cumpra coa vontade dos seus veciños e manifeste tamén a súa oposción á minicentral. Tamén anima á poboación afectada e a todas as persoas ou entidades interesadas en presentar alegacións ao proxecto hidroeléctrico a asistir á charla informativa que terá lugar este sábado, ás 5 da tarde na Escola Vella do Chao de Pousadoiro. Nela, Daniel López Vispo de ADEGA informará das características do aproveitamento hidroeléctrico, das súas consecuencias sobre o río, as parcelas afectadas e o patrimonio cultural e natural da zona. Ademais porá a disposición do público un modelo de alegacións.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



