FOZ / XOVE (MFO) .- Os dous representantes mariñáns da liga primeira nacional de baloncesto tiveron distinta sorte nos seus enfrontamentos, ambos contra equipos de Compostela. Os de Foz perderon fora e os de Xove gañaron na casa.
O Celtas – Primera Calidad viaxou a capital galega onde xogou contra o Peleteiro. Os de Foz querían conseguir a súa primeira vitoria pero o cansazo nos minutos finais xogou na súa contra e perderon por un contundente 98 – 76. O partido comezou moi igualado e ao remate do primeiro cuarto so había un punto de diferencia, pero a boa defensa santiaguesa aumentou a vantaxe a nove puntos no descanso. Na reanudación volveu a igualdade para afrontar o último cuarto con un 70 a 62. Finalmente os focenses acusaron o cansazo das poucas rotacións que dispoñían e o marcador quedou en 98 a 76.
Polo Celtas xogaron: Alberto (11), Sama (30), Miguel (6), Lucas (9), Ramón – Brais (3), Eduardo (2), Humberto (13) e Manuel (2). Aarón foi baixa por un proceso gripal.
O club baloncesto Xove puido celebrar a súa primeira vitoria como local contra o Rosalia. A igualdade marcou o partido, empate a 24 no primeiro cuarto, e o marcador foi alternando para os dous equipos. Nos minutos finais a boa defensa do Xove levouno a vitoria por un apretado 77 a 74.
Polo Xove xogaron: Álvaro (7), David Gómez (26), Pablo Santiago (6), Fernando (11), Pablo Castro (12) – Ángel (2), Juan María (4), Víctor (9), Javi e Juanma.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



