BURELA .- O club de baloncesto Burela sénior feminino perdeu por tres puntos ante o Noia o encontro que disputou no Vista Alegre, segundo partido da liga. Tampouco nesta ocasión acadou a vitoria, aínda que estivo moi cerca, pero o resultado final foi 47- 50 a favor das visitantes. O partido foi moi intenso, xa que os dous equipos loitaron por gañar, e estivo moi igualado.
No primeiro cuarto o equipo que se puxo por diante no marcador foi o visitante, pero ao descanso o resultado era un esperanzador 24-24. Tras o descanso as rapazas do Burela seguiron loitando ata que conseguiron remontar chegando a ir por diante no marcador. Os minutos pasaban e o partido seguía igual de reñido, parecía que a primeira vitoria estaba cerca, o club de baloncesto Burela parecía controlarlo encontro. Só no último minuto, cando unha rapaza do Noia recibiu unha falta e o seu adestrador pediu un tempo, tras unha canastra as de Noia empataron o partido (47-47) e quedando segundos meteron un tiro libre e a derradeira canastra que serviu para que levasen a victoria chegando ao final cun inmerecido 47-50.
O equipo de Manolo Cobas estivo formando por xogadoras júnior e só dúas senior, notándose ao final do partido o cansazo das júnior que xogaran outro intenso partido, o domingo pola mañán, en Lugo frente ao Ensino lugués.
“Estivemos a punto de gañar, e perdemos no ultimo minuto, cousas do baloncesto, pero senta mal cando loitas por gañalo” dixo a xogadora Carmen Ventoso.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



