BURELA .- Comeza a Liga interzonal Lugo- Santiago en categoría Senior Femenina, na que por primeira ez vai a participar o club baloncesto Burela. O C.B. Burela atendendo peticións diversas fixo un esforzo económico e organizativo para formar o equipo Sénior Feminino que nun principio ten como obxectivo saír a cancha e competir para máis tarde ir vendo que podemos facer. O adestrador do equipo será José Manuel Cobas Quiroga que leva colaborando co club desde a época da súa recuperación na tempada 2007-2008
NOTA DE PRENSA
Clube baloncesto Burela
Na presente semana comenza a Liga interzonal Lugo- Santiago en categoría Senior Femenina, na que por primeira vez o noso clube, C.B. Burela participa.
Para posibilitar que aquelas rapazas que nos últimos anos viñeron practicando o baloncesto en categorías inferiores e que en moitos casos o abandonaban ao chegar a idade adulta, o C.B. Burela atendendo ademais a petición dalgunha delas fai o esforzo económico e organizativo de crear o equipo Senior Femenino que vai participar nesta liga xunto a outros tres equipos da provincia e outros tres da zona de Santiago Cluny, Peleteiro e Noia. Os equipos de Lugo son un do Ensino, o Pulpalia, Castro de Riberas de Lea e o noso C.B. Burela.
Os nosos obxectivos nesta primeira campaña e saír a cancha e competir para máis tarde ir vendo que podemos facer.
Acompañavos o calendario remitido polo Federación Galega.
Dende a diretiva do clube informavos de que o adestrador do equipo será José Manuel Cobas Quiroga que leva colaborando co clube desde a época da súa recuperación na tempada 2007-2008. E solicitarvos que lle fagades o segimento que este novo equipo de baloncesto se merece.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



