LUGO .- A Vicepresidenta Segunda Deputación, Lara Méndez, participou este martes no III Encontro Local de Pobos e Cidades pola Sostibilidade que organizou a Fundación CONAMA en Sevilla e ao que asistiron unhas 500 persoas entre representantes de institucións, traballadores do ámbito local, ademais de expertos e investigadores do medioambiente de toda España. Lara Méndez foi unha das ponentes do debate sobre os obxectivos e as expectativas da Lei 45/2007, onde as políticas da Deputación foron un exemplo do desenvolvemento sostible do medio rural que busca esta normativa.
A lexislación a tratar, aprobada polas Cortes en novembro de 2007, versa sobre a creación de emprego, a competitividade, e a potenciación do rural. Trátase dunha lei que busca mellorar a calidade de vida, o nivel de renda dos habitantes de pequenos núcleos de poboación no país, así como a conservación dos recursos naturais e do patrimonio cultural compatibilizando o desenvolvemento sostible e a biodiversidade.
Durante o debate, representantes do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño avanzaron que o Goberno Central vén de facer público o proxecto enmarcado na lei 45/2007, dotado de 1.300.000 euros, e o que permitirá levar a cabo actuacións concretas para o desenvolvemento do medio rural en España. Para elo, cada Comunidade Autónoma terá que presentar obxectivos, delimitar as zonas de actuación, e financiar o 50% do que se execute.
Lara Méndez defendeu a súa posta en marcha xa que beneficiará aos núcleos de poboación que non superen os 30.000 habitantes. Neste senso, a Vicepresidenta Segunda destacou que “é un proxecto estratéxico para a nosa provincia na que só un dos 67 Concellos que a integran, o de Lugo, supera os 10.000 habitantes”.
Adianto á lei
A Vicepresidenta Segunda da Deputación deu conta das iniciativas levadas a cabo polo organismo provincial dirixidas ao fomento da economía lucense. Neste senso, Lara Méndez subliñou que “a Deputación adiantouse ao proxecto que estamos a debatir e apostou pola economía verde”.
Da mesma forma, explicou que mentras que a lei 45/2007 parte de que o campo é a fonte orixinaria de todos os recursos naturais representando o 90% do territorio de España, e do que vive o 20% da poboación, a Deputación orientou as súas políticas de actuacións ao medioambiente porque “Lugo é unha provincia 100% natureza, con 3 Reservas da Biosfera avaladas pola UNESCO, que representan o 55% do territorio total da provincia, e onde o sector agrogandeiro xera o 60% do potencial económico”.
Lara Méndez explicou as principais liñas de actuacións de Km0, Lug02, Innova-TE, ou o Centro de Recría Gayoso-Castro, “iniciativas creadas para fomentar a economía e o emprego de Lugo, e facer fronte aos datos sobre a perda de poboación que reflicten o primeiro Plan Estratéxico da provincia que elaborou o organismo provincial, a nosa folla de ruta nos vindeiros anos”.
Durante o III Encontro Local de Pobos e Cidades pola Sostenibilidade membros administración locais, colectivos medioambientais, e entidades relacionadas con esta materia, compartiron as súas liñas de actuación co obxectivo de que todos os Gobernos aposten polo desenvolvemento sostible. Lara Mendez agradeceu a invitación da Fundación CONAMA, e incidíu en que “a Deputación vén como Concello dos Concellos de Lugo, para dar a coñecer unha provincia única que aposta polo medio ambiente como unha oportunidade económica, e para formarse sobre novas iniciativas que leven a Lugo novos proxectos ECOTURISTAS”.









O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



