NOTA DE PRENSA
O goberno de Xove non admite erros no acceso ao Salón de Actos
O responsábel local do BNG de Xove, Marco López, mostrouse abraiado polas declaracións de Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove, a unha cadea de radio como réplica á solicitude dos nacionalistas de que se teña en conta a accesibilidade ás instalacións públicas das persoas con discapacidade, de idade avanzada ou da xente que padeza algunha eiva física temporal.
En concreto, Salgueiro manifestou que as reivindicacións do BNG local “carecen de sentido” e xustificou que ningunha persoa en cadeira de rodas poda acceder ao Salón de Actos co argumento de que “ya están pedidos los presupuestos para la instalación del ascensor”, obviando que o edificio leva sen acceso para as persoas que non poden subir escaleiras máis de catro meses e que todo apunta a que nestas datas de Nadal tampouco poderán gozar dos diferentes actos programados.
Marco López asegurou que está a disposición do alcalde para o que necesite na encomenda de xestionar o Concello: “Como levamos facendo desde o comezo da lexislatura co goberno en minoría do PP”. Aínda que López entende que o benestar dos cidadáns “non pode carecer de sentido tal e como declarou Demetrio, a quen lle teño un grande aprecio persoal”, aclarou, “senón que máis ben debe ser a nosa motivación na xestión do diñeiro público”. O responsábel local do BNG mostrouse comprensivo co “enfado do primeiro edil”, asegurou, “porque a ninguén lle gusta trabucarse e nunca se cometen erros adrede”.
O responsábel nacionalista continuou dicindo que o actual equipo de goberno do PP tivo moita présa en derrubar a rampla que daba acceso ao Salón de Actos do Centro Cívico xovense “para poder celebrar as festas do San Bartolo deste ano nunha praza aberta”, pasando por alto que o goberno dun concello “éche algo máis ca unha Comisión de Festas”. Marco López incidiu de novo en que “o BNG e mais eu quedamos a disposición do alcalde e o seu equipo” para poder arranxar os erros que se cometeron no Salón de Actos, nas marquesiñas do transporte público e no Roteiro dos Muíños; do mesmo xeito que no seu día se modificou o acceso á piscina ou se instalou un guindastre nela para poderse bañar a xente con mobilidade reducida “a proposta do grupo municipal do Bloque”.
Sobre as declaracións de Salgueiro en referencia a que o responsábel local do BNG é “una persona que no tiene que ver con el ayuntamiento y que prácticamente no vive en Xove porque trabaja en Asturias”, Marco López asegurou que non ten nin terá nunca nada en contra dos veciños de Xove que, coma el, traballan ou estudan fóra “para labrar un futuro” e que nunca lles negaría un servizo esencial como o acceso ás instalacións dependentes do Concello en igualdade de condicións ás persoas que residen no Concello. Do mesmo xeito, asegurou que os asturianos, os andaluces, os navarros ou os cataláns; lugares todos onde López exerceu nos últimos dez anos a súa labor profesional como funcionario da Administración de Xustiza, nunca lle pediron carné ningún para beneficiarse dos seus bens e servizos “como insinúa Demetrio que habería que facer comigo”, afirmou retranqueiro o cargo do BNG.
Así e todo, sendo consciente de que equivocarse é de humanos, o responsábel local do Bloque Nacionalista Galego rematou moi serio dicindo estar disposto a colaborar co goberno municipal “en todo o que estea nas miñas mans” e atendelos sempre “con toda educación e amabilidade”.










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



