LUGO .- A Consellería de Medio Rural incrementará nun 2,3% o orzamento destinado aos concellos para a limpeza de camiños e vías de titularidade municipal. Así o recordou hoxe a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, que indicou que destre xeito “está previsto que se supere o número de hectáreas que foron tratadas durante o pasado exercicio ao abeiro deste programa de axudas”, que se desenvolve a través de convenios entre o Executivo galego e os concellos.
Os datos rebaten as acusacións realizadas polo deputado provincial e alcalde de Monterroso, Antonio Gato Soengas, respecto á existencia de recortes nestas subvencións. Os datos que manexa a Consellería de Medio Rural, “sinalan que as cifras, especialmente as relativas á superficie que finalmente poida ser atendida, están axustadas á capacidade real de execución dos concellos, segundo se demostrou nos exercicios anteriores”.
En todo caso, engadiu Arias, “esta liña de subvencións é un complemento das actuacións que Medio Rural leva a cabo durante todo o ano, con orzamentos millonarios, no marco da limpeza de montes e prevención de incendios”.
No marco do programa de ordenación de explotacións forestais, adxudicáronse o pasado mes de xaneiro sete contratos de aplicación de tratamentos silvícolas, que suman “un investimento de 1.410.000 euros e que se desenvolverán nos próximos meses en preto dun millar de hectáreas de montes de 19 concellos lucenses”, asegurou Arias. Este tipo de contratos adxudícanse con regularidade, para dar cobertura a todas as zonas da provincia.
Para concluír, Arias subliñou que as brigadas de Medio Rural aproveitan esta época de menor incidencia de lumes para realizar tarefas de limpeza arredor dos núcleos de poboación como medio para prever a extensión de incendios en zonas habitadas.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



