Nota de Prensa
O Ente Público Portos de Galicia mantén o seu compromiso de mellorar a seguridade nas instalacións portuarias da súa competencia
O PSOE REXEITA UNHA EMENDA DO GRUPO POPULAR PARA DOTAR AOS PORTOS DE BURELA E CELEIRO DUN SISTEMA DE VIDEOVIXILANCIA QUE GARANTE O CONTROL DE ACCESOS DIURNOS E NOCTURNOS AS 24 HORAS DO DÍA
* A iniciativa do PSOE limitábase a pedir o restablecemento do servizo de vixiantes nocturnos, mentres que o sistema proposto polo PPdeG amplía o tempo de control ás 24 horas do día, os 365 días ao ano.
* No PP non admiten ningún tipo de lección por parte de Ismael Rego ao respecto da defensa dos intereses da Mariña xa que durante os catro últimos anos o deputado socialista estivo ausente da vida política desta comarca, incapaz de defender unha soa iniciativa en beneficio dos seus veciño o dos seus sectores produtivos tan importantes como é o da pesca.
Santiago, 5 de febreiro de 2010.- O Grupo Parlamentario Socialista rexeitou no día de hoxe unha emenda do Partido Popular dirixida a dotar aos portos de Burela e Celeiro dun moderno sistema de videovixilancia que garanta o control de accesos diurnos e nocturnos a estas instalacións.
Os populares explicaron que o Ente Público Portos de Galicia mantén o seu compromiso de mellorar a seguridade nos espazos portuarios da súa competencia para dificultar a produción de actos que atenten contra a integridade dos barcos e das persoas. A iniciativa socialista se limitaba a pedir a presenza de vixilantes nocturnos, mentres que co sistema de videovixilancia que propuxo o PPdeG, a vixilancia prolongarase durante as 24 horas do día os 365 días ao ano.
Os populares foron moi críticos coa posición mantida polo Grupo Socialista e, máis en concreto polo deputado Ismael Rego a quen acusaron de estar ausente da vida política da Mariña lucense durante os últimos catro anos de Goberno bipartito. De feito afirman que durante este tempo o deputado socialista “non se mollou demasiado pola comarca” convencido que “desde a pasividade ante a discriminación e mala xestión do Executivo bipartito, podería manter a súa poltrona” Segundo o PP Ismael Rego foi incapaz de defender ningunha iniciativa en beneficio dos intereses dos veciños desta comarca e, moito menos, de sectores tan importantes como é o da pesca polo que, en consecuencia, non admiten ningún tipo de lección ao respecto.
No Partido Popular están convencidos da idoneidade deste novo sistema de control de accesos e vixilancia das instalacións portuarias que se levará a cabo con cargo ao Programa de Investimentos en Obras Menores que desenvolve o Ente público autonómico. O Grupo Popular explicou tamén que este novo sistema entrará en funcionamento de xeito inminente, despois de contar coas autorizacións pertinentes da Axencia Estatal de Protección de Datos e sinalan que poderá comprobarse a súa total efectividade e resultados positivos.










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



