Nota de Prensa
En resposta a unha pregunta parlamentaria do deputado José Manuel Balseiro sobre as garantías de control sanitario de lotes deste peixe procedente do sudoeste asiático
A XUNTA CONFIRMALLE AO PPDEG QUE ESTABLECERÁ UNHA LIÑA DE INVESTIGACIÓN DA SEGURIDADE DO PANGA QUE SE COMERCIALICE EN GALICIA
* A Xunta recorda que este produto tense envolto en moitas redes de alerta sobre os riscos químicos, físicos e microbiolóxicos polo que solicitará as autoridades do Goberno central que o analicen o panga procedentes de países terceiros antes da súa liberación ao mercado galego
* O Grupo Popular solicita a progresiva substitución polos procedentes da actividade pesqueira galega
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2010.- A Xunta de Galicia ven de confirmarlle ao PPdeG, que solicitou información a través dunha iniciativa parlamentaria, que establecerá unha liña de investigación da seguridade do panga que se comercialice en Galicia e solicitará ás autoridades do Goberno central que analicen o procedente de países terceiros antes da súa liberación ao mercado galego.
Na resposta á pregunta parlamentaria, reconvertida en pregunta con resposta escrita, a Xunta indica que este produto tense envolto en moitas redes de alerta por riscos químicos, físicos e microbiolóxicos polo que a Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación adoptará unha serie de medidas para o ano 2010. Tamén tramitará e xestionará as alertas que se produzan como consecuencia da detección de problemas de seguridade alimentaria nas importacións deste produto e no caso de que das medidas anteriores se deduza unha constante situación de falla dos controis en orixe, solicitaran ao goberno central que tramite, perante a Comisión Europea a suspensión do comercio de dito produto.
A Xunta recorda na súa resposta parlamentaria que como produto de importación de terceiros países á responsabilidade de entrada no mercado interior é das autoridades centrais dos estados membros da Unión, no caso de España os Postos de Inspección Fronteiriza, adscritos aos Ministerios de Sanidade e Política Social e Administracións Públicas, pero pode darse o caso de que o panga entre por calquera outros PIF dos 27 países da Unión Europea.
O Grupo Popular, a través do seu voceiro do Mar, José Manuel Balseiro Orol, solicitara información sobre a posición prevista polo Goberno galego en relación coa comercialización en España de lotes de peixe panga procedentes do sudoeste asiático con dubidas relativas ás garantías de control sanitario, a súa inclusión nos menús dos centros públicos de competencia autonómica e a progresiva substitución por este dos produtos procedentes da actividade pesqueira galega.











Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.