NOTA DE PRENSA
OS SOCIALISTAS RECLAMAN AO GOBERNO DE FEIJOO MEDIDAS PRÁCTICAS QUE PERMITAN O CONTROL E A ERRADICACIÓN DO FURTIVISMO DAS NOSAS COSTAS E RÍAS
-. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira presentou esta iniciativa logo de coñecer o fracaso estrepitoso da campaña da Consellería do Mar contra o furtivismo na nosa Comunidade, na que se recolleron 39.000 quilos de especies ano 2009, fronte aos 64.000 quilos de especies apreixados no 2008
– Soneira solicita establecer mecanismos de vixilancia permanente, un estudio pormenorizado deste fenómeno, aumentar os controis e deseñar campañas de sensibilización
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2010. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, rexistrou na Cámara Autonómica unha Proposición Non de Lei, na que reclama ao Goberno de Feijoo medidas practicas que permitan o control e a erradicación do furtivismo das nosas costas e rías. Soneira solicita establecer mecanismos de vixilancia permanente, un estudio pormenorizado deste fenómeno, aumentar os controis e deseñar campañas de sensibilización
Soneira presentou esta iniciativa logo de coñecer o fracaso estrepitoso da campaña da Consellería do Mar contra o furtivismo na nosa Comunidade, na que se recolleron os 39.000 quilos de especies ano 2009, fronte aos 64.000 quilos de especies apreixados a furtivos no ano 2008.
Segundo a deputada socialista esta actividade ten consecuencias graves para a economía dos profesionais do mar, para a facenda pública, e supón un risco para a saúde dos consumidores por canto o producto do furtivismo non ten pasado por ningún dos controis a que son sometidos os mariscos e os peixes comercializados a través das canles legais.
Advirte que a Consellería do Mar ten iniciado unha cruzada, mediática, onde pretende convencernos a todos de que isto é unha guerra e que vamos gañando. Incluso a propia Conselleira do Mar ten feito declaracións neste senso manifestando que os furtivos “son inimigos meus…”.
Dende o Grupo Parlamentario Socialista non cremos que a fórmula de concentrar todas as forzas e todos os recursos dispoñibles nun só fronte de batalla, non só non é efectivo se non que é incluso contraproducente nunha guerra de guerrillas como a que cada día se libra ao carón das nosas costas, porque, segundo o vello dito popular non se pode matar moscas a canonazos.
Soneira considera que para gañar a guerra non chegan con anuncios e propaganda, nin abonda con comprar espazos nos medios de comunicación, nin con descualificar as accións doutros gobernos e gobernantes. Afirma que “é preciso dotarnos dun exército máis modesto pero máis polivalente e diversificado, e que utilice un armamento menos aparatoso pero máis manexable, e que cubra máis territorio. Tampouco é boa solución recorrer aos mercenarios ou a delegar noutros o que son competencia e obrigas nosas”, sinalou.
Por todo o exposto o Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a establecer medidas prácticas que permitan o control e erradicación do furtivismo das nosas costas e rías que, polo menos, deben contemplar as seguintes:
1.- Establecer mecanismos de vixilancia continúa e permanente, con medios propios ou concertados con outras administracións públicas, nas zonas especialmente sensibles a este fenómeno.
2.- Realizar un estudio pormenorizado das causas e circunstancias do fenómeno en cada unha das rías afectadas en maior grao por este problema.
3.- Aumentar os controis sobre aquelas actividades que adquiren os productos procedentes do furtivismo: hostalería, transporte, comercialización, depuración, transformación, etc.
4º.- Deseñar campañas de sensibilización, entre os consumidores e a poboación en xeral, dos danos ocasionados polo furtivismo na economía dos profesionais do mar e dos riscos que poden implicar para a saúde o consumo deste tipo de productos.




















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



