XOVE/VILALBA (MFO).- O club de baloncesto Xove acadou, na casa, a súa terceira vitoria consecutiva ante o T.G.M. Arzúa en un final de infarto (83-81) e sae así dos postos de descenso. Pola súa parte o Celtas-Primera Calidad, de Foz, segue sen lograr a segunda vitoria do ano e volveu a perder, esta vez contra o Discoteca Troco Vilalba por 78 a 70.
A pesar da vitoria o Xove non xogou un dos mellores partidos da tempada pois os oitenta e un puntos encaixados superan a media dos últimos partidos. A primeira metade do encontro foi claramente para o equipo visitante pero nos últimos minutos os mariñáns recompuxéronse e o marcador ao descanso estaba igualado.
Na segunda metade os de Arzúa puxéronse de novo por diante e chegaron aos dous últimos
minutos catro puntos por encima. A clave da vitoria estivo na boa defensa e o acerto no tiro exterior destes últimos minutos.
Polo C. B. Xove xogaron: Juan María (26), Andrés (19), Álvaro (8), Fernando (12), Alcalde (4) – Aitor (7), Javi (1), Ángel (4), Piñón (2), José David e Eugenio.
O Celtas-Primera Calidad segue sen acadar a súa segunda vitoria e esta vez perdeu ante o Discoteca Troco Vilalba en un partido moi trabado. Os mariñáns loitaron ata os últimos segundos do partido pero a notable melloría do equipo non foi suficiente para acadar o triunfo.
Para a vindeira xornada o Xove recibe ao C. B. Sarria e o Celtas ao C. B. Noia.






















O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



