Será no restaurante Oliñas do Mar, na praia de Benquerencia, o sábado día 22, a partir de las 22.30 horas. O menú consistirá en entrantes, parrillada de carne e chourizos críollos, postre café e chupitos. Os socios da peña e aficionados do Barça da zona que queiran participar deben contactar co José no teléfono 649 57 13 60 . Esa noite recordaranse os mellores momentos da liga e poñeranse cimentos para as actividades de la próxima, explican. Desde a peña felicitan aos aficionados culés polo título acadado, “que non é un máis, sinón a liga con maior número de puntos, 99, a liga dos canteranos, a liga do bon fútbol, a liga na que se derrotóu ao capital e a prensa estatal” aseguran, e rematan cun “visca el Barça, viva a peña barcelonista San Miguel”.





















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



